Carrito 0
 

mimadriña

 

Mimadriña é un proxecto de artesanía e creatividade aplicada á educación social, que emprega o papel para crear pezas artesanais e que explora o potencial do origami no eido educativo.

Mimadriña é un proxecto da educadora social Palmira Castro Marcote.

 
 

Artesanía e creatividade en papel

Creo pezas artesanais e elementos decorativos únicos de papel para persoas que se emocionan cos pequenos “milagres” cotiás.

Tomar unha folla de papel e interpretar a paisaxe que ollas pola ventá, facer unha barquiña de papel e centos tamén, debuxar pregando papel, soñar que o teu traballo pode emocionar a outras persoas.

Educación social

“ Sempre ensino e aprendo emocionándome”.

Tras anos traballando en diferentes ámbitos da educación social, parei un tempo facendo cousas cas mans dende a beira dunha ventá. Respirei profundo e un ano despois retomei a miña vocación con ganas de xogar e desenvolver proxectos creativos e emocionantes por min mesma, convencida de que a educación social é unha profesión creativa, e o proceso artesanal do pregado de papel ten moitísimo potencial educativo.

Así foi naceron os Obradoiros mimadriña, pequenas accións formativas que abordan fermosas historias a través dunha figura de origami. E Proxectos educativos, máis amplos en tempos, público e obxectivos, adaptando os contidos aos participantes e o espazo ao que vai dirixido, establecendo conversas coas partes e aprendendo en común do longo do proceso.

 
 

“un día mirei pola ventá e pensei que bonito sería encher o mar de barquiños de papel de cores”.

 
 
Screenshot_20190207-163433_YouTube.jpg

Fragmento do documental “ Fisterra, carne de Safari” de Olaia Sendón.

 

Tenda


 

Clientes


Concellos de Castrelo de Miño / Muxía / A Coruña / Corcubión / A Bola / Carnota / Boiro / Allariz /

Nova Xestión Cultural/ O Cable Inglés / Urdime / Artesanía de Galicia / Conselleria do Mar / Axencia de Turismo de Galicia / Escola Superior de Hostelería de Galicia / Acerta Formación / Atalaia Social / Serviplus /Occidente Xestión / Asociación Socio-Pedagósica Galega/ CESSG / Arte Miúda / Catrineta / Orballo Eco / Etel&pan / A despensa do avó Francisco / A Alacena da Aldea / EEI Milladoiro /Asoc. Pedras Miúdas/ Asoc. Xábrega / ANPA Areouta / ANPA Axouxeres

Colaboradores


ASPADEX // Elaboran para Mimadriña o enmarcado de todas as pezas dende 2013. Aspadex é unha entidade de iniciativa social, sen ánimo de lucro e declarada de Utilidade Pública, que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias na Costa da Morte.

APAMP // Elaboran papel artesá que dende 2015 Mimadriña transforma en barcos de papel, paxariños, estrelas… Apamp é a Asociación de Familias de Personas con Parálise Cerebral de Vigo.

Mimadriña está fortemente comprometida co respeto a natureza e o desenvolvemento social e cultural da nosa terra, por iso traballa e colabora con persoas, pequenas empresas e entidades locais comprometidos cos mesmos valores.