Maruja & mimadriña

mimadriña é palmira, palmira é maruja.

img_20120821_1850511.jpg

Axente que me coñece ben sabe quen é juan e maruja na miña vida. Ela é Maruja.

Maruja e Juan, dende antes de eu nacer viñan sempre en setembro de vacacións a Sardiñeiro, eres elan de Madrid. Os días que aquí estaban comían na miña casa. Eu dende ben pequerrechiña andiven polos colos dos turistas, seica era ben bonitiña e deixábame querer, agarrábame da man de toda a xentiña que me adicase un sorriso, pero de poucos me acordo como de Juan e Maruja.

Eu era chegar o meu cumple, a finais de agosto, e sabía que quedaba pouco para que eles chegaran, o día un de setembro, o dous e o tres saía a rúa cada pouco a ver si vía chegar o “solara” , e case sempre daba co momento no que eles chegaban, ano tras ano, ata os meus 15 anos, era u ritual que nunca fallaba. Eles chegaban e sabía que pasaría dez días descubrindo outra maneira de ver o mundo.

Antes de comer acompañábaos á praia, non moito rato, pero gustábame levalos ata alí e deixalos sentadiños cas súas dúas sillas na area e co seu parasol. A volta, era o momento das fotos.

De Juan aprendín tres cousas importantísimas na miña vida.

A primeira foi o amor pola fotografía. el tiña unha kodak, non sei moi ben cal, pero aparentaba de aquela ser unha cámara moi boa, eu nunca tal cousa vira polo lestón e iso que pasan moitos turistas. juan era todo un retratista, pero sobre todo, era xenial velo como organizaba todo. cando vía un lugar que lle gustaba, dicíame a min , ou a maruja, ou aos meus irmáns, que nos puseramos nese encuadre, entón empezaba a contar anécdotas e zas, foto! eu sentíame como alguén moi especial. esas fotos non as vía inmediatamente, de feito tardaban meses en chegar; no nadal era o regalo de juan e maruja, un sobre escrito a man e decorado por juan con unha tipografía moi elaborada e coidada, de colorinchos, e dentro as fotos cunha carta. de juan aprendín a enviar cartas con sobres pintados a man e con unha letra ben xeitosiña. sempre eran fotos grandes, tamaño folio, eu nunca vía fotos así, só as de juan eran así.

a terceira cousa que aprendín de juan, a mais importante de todas é que é amar, que é o amor. nunca coñecín a ninguén que amase a outra persoa tanto como o facía juan, él mirabaa e non se cansaba de miralo e xa levaba máis de 50 anos mirando para ela, e dicíame:

que suerte tengo de tener a maruja a mi lado, que guapa es, tengo la mujer mas lista y “riquiña” a mi lado y me quiere.

mentras dicía esas palabras, miraba para ela con tanta paz,con tanta tranquilidade e con tanta admiración que eu quedaba parva, por que tampouco nunca vira a ninguén quererse así. maruja mentras tanto que facía? pois dáballe a risa e dicía: juan eres un pelota, e ríase como unha nena de 11 anos.

dende aquela para min amar é iso.

PersoasPalmira Castro