Lucía & mimadriña

img_6592.jpg

Lucía ten a cabeza chea de paxariños, hoxe entrou pola porta e o primeiro que dixo foi: que hai de novo en mimadriña?

Díxenlle:  unha morea de portas, paxariños que repousan no porto de sardiñeiro, algunha que outra bolboreta despistada e un montón de corazonciños.

Lucía non para, poucas veces a vin quietiña, ela pinta, baila, fai teatro, toca o violín e ten unha imaxinación tremenda, ela fai e desfai ao seu antoxo, nunca se cansa!

PersoasPalmira Castro