as criaturas de Theo Jansen

fai anos que coñecín ao artista theo jansen, gracias a un anuncio de unha marca de coches, e dende aquela de vez en cando entro na rede a buscar que foi del, que é del e das súas criaturas de praia “strandbeest” ou a escoitar algunha das súas entrevistas e artigos como este do New Yorker.

Sinto tal fascinación polo traballo deste artista, pola beleza, traballo e estudio que fai isto posible, que o único que podo pensar é que é esta unha admiración como a de sentarme na area en rostro e ver coma se moven as ondas do mar, ou como o vento move a area ou a vexetación dunar. a mesma admiración como a de creer neste tipo de milagres.

nestes días duros de friaxe e de mediocridade, preciso pasear un rato entre as criaturas de praia, para creer que as cousas fermosas, brillante e extraordinarias aínda son posibles.

Theo Jansen na wikipedia

Web de Theo Yansen

Andoa darlle voltas, como falarlle á rapazada destas criaturas! Se tedes unha idea, contádeme.