kamikaze

o pasado 10 de novembro, na entrada anterior publicaba isto:

“seino, todo é terriblemente absurdo, pero ti sígueme que todavía vai moita luz“

pronunciei esta frase o 2 de novembro deste ano, mentras pechaba unha porta, e non podo quitarme esta frase da cabeza, e nestes días aínda ten máis vixencia.
Sigo sendo optimista, sigo tendo moita forza…pero fai tempo que penso que vivimos nun mundo absurdo e eu síntome unha kamikaze nel. Creo que sentirme así é o delgado fío que me une coa inocencia.