o mes da patela en catrineta, saírafora

Xohana Torres: “Ti és pra min a barquiña que lembra/ toda presenza de madeiras náufragas/ que vivie infinda, unha traxedia líquida/ de peiraos sen panos e sen peixes./Sedenta coma un mar/ e no teu mar, afogada./”

moito levo pensado nas últimas semanas no traballo, no meu traballo, no tempo que adico, no que sinto no proceso e despois cando chega o día. moito levo pensado e por iso escribo pouco; tamén por que estiven noutros procesos e noutros traballos, denunciando atropelos para tentar crear precedentes e se poña freo a prostitución que está sufrindo o traballo no social e na educación, pero iso é outra historia, é o lixo que recollo e boto no contedor, por que dos papeliños que quedan sempre saen máis barquiñas, aínda que sexan mínimas.

pero o final todos estes pensares, as cousas que me suceden, o que sucedes fai que cada vez teña aínda máis marcado o meu espírito crítico e tamén que cada vez máis guste de facer cousas fóra, e cando digo fóra, non me refiro son a facer cousas o aire libre, refírome a facer cousas fóra, entendedes verdade?.

o sábado pasado foi un deses día, de sacar para fóra, sentarse a facer, a contar, sen moitas pretensións, simplemente de tomar a rúa e reivindicar o traballo das mulleres, reivindicar que os espazos son nosos, reivindicar a liberdade de non institucionalizar “o todo”. un dos primeiros pensamentos mimadriña era, ” un día vou coller e vou sentarme no mercado de abastos cun mandil, unha caixa e facer barquiñas de papel o lado das mulleres que venden grelos e ovos” foi un dos primeiros pensamentos que tiven e aínda non tiña mimadriña na cabeza, así que o sábado pasado foi emocionante poder estar aí, sentadiña coa xente miúda, sentadiña con xente que non me ten que dicir moitas cousas para facerme sentir moi acollida no seu abrazo, que ven e se senta e fai, que ven e me da un bico cando marchan. eu xa vos digo que nese intre douvos as grazas con moito corazón o que pasa que o directo é cada vez máis difícil para min, e cústame dicir as cousas, pero despois chego a casa e penso, mimadriña querida palmira, esta xente que acude a sentarse comigo nas cousas que fago é moi grande.

O dito, moitas grazas, seguirei e creo que cada vez máis facendo as cousas fora, cada vez máis fora de todo, en contra de calquera estratexia, por que a pesares de todo, a pesares dos mercados eu creo nas mulleres que cunha patela na cabeza sae da casa e sentase fóra dos mercados!

estes son os motivos da xente de Catrineta, para facer isto fora! moitas grazas Cristina Roberto e Susi, polo agarimo pero sobre todo por todo o traballo o de dentro e o de fora!

Queremos adicar este mes a todas as mulleres que taballan nas Conserverias e tamén no mar, porque ellas fan posíbel o noso traballo. A patela é sen dúbida o elemento máis recoñecíbel, esa cesta posta na cabeza sobre o rolo para carretalo peixe.
Ao largo da historia de Galicia miles de mulleres traballaron no procesamento de peixe e en tarefas auxiliares da pesca, participando nos procesos de industrialización rexional en insertándose no mercado de traballo asalariado. Os empresarios reclutábanas polas aldeas porque eran traballadoras, produtivas e docís e cobraban pouco; é dicer, adatábanse moi ben ás necesidades da industria contribuíndo a facela máis comepetitiva no mercado Internacional. Na actualidade repítense algunhas das estratexias empresariais da primeira fase da globaización como a creación de plantas procesadoras noutros países que buscan, entre outros factores, man de obra abundate e barata. Tal é o caso de áreas moi competitivas do sudeste asiático, donde os salarios das mulleres conserveiras son sete veces inferiores aos dalgúns países Latinoamericanos como Ecuador, e desde logo, moito máis que os da Union Europea. (Texto extraído do libro: Xénero, traballo e niveis de vida na industria conserveira de Galicia,1870-1970, Luisa Muñoz Abeledo).
E por isto que durante iste mes de marzo ímos ter un par de actividades, coa intención de visibilizar o traballo das mulleres e a importancia de que se acaden cotas de igualdade de xénero en tudos os eidos. Desde o traballo que miles de mulleres realizan nos seus fogares e tamén fóra deles por salarios miserabeis ou diretamente gratis, pasando polo traballo nas industrias, até na cultura e na ciencia.

as fotos son un remexido do que me fostes enviando a xente que estivo o sábado e como vedes hai un guiño as compas de CEstola na cachola, 😉