inauguración do local disponible e outros bicos

a fin de semana pasada foi desas findes nas que en santiago se concentran actividades e programación cultural para encher unha cidade da cultura e ata dúas se nos poñemos, pero iso, todo fora da megacontrución. programación cultural na rúa, actividade cultural e comercial local doutro xeito, en espazos que foron símbolo de otra época; as cousas non son o que eran e menos mal, a situación e a que é,  e como digo eu xa levamos moito perdido, moitos dereitos e non debemos esquecer que aínda que pareza case heroico defendelos, é o noso , temos que defendelos, aínda que sexa heróico. máis eu, que sonche optimista por natureza vexo claros brotes, e non falo dos brotes verdes deses que parecen saiír de sementes de monsanto por velenosos que son, falo dos brotes da xente que empeza a pensar e a facer outras cousas e outros modos de  facer, uns xa o facían de fai moito atrás e outros caen da burra agora mesmiño. o dito, edo que moito falamos eu e o meu amigo Alberto, o que observamos en findes coma este é que a cultura de “base” ( que lle chamaban así na animación sociocultural) e o “social” están moi moi de tendencia nos derradeiros meses e anos nas nosas cidades, vilas , aldeas e ata leiras.

E eu, que ultimamente ando  en todálas festas, pasei a finde  coa xentiña do Mercado da Chuvia e Local Disponible, coñecendo A Inma que xa leva moitos mercados organizados e que tanto agarimo e atencións me deu, con Clara que me convidou a participar na xenial idea do Local Disponible, e eu que xa lle estou a coller gusto a esto de ser mociña de escaparate, pois alí me fun cas miñas barquiñas.

10469204_1445083999078667_587298496340897998_n

O Local Disponible é  é un proxecto de ocupación artística concibido como lugar de encontro entre creadores/as que buscan un espazo para investigar, producir, difundir e compartir en relación directa co público.

pasei a tarde coa rapazada de Area Central que axudáronme a facer unha barquiña xigante coas moreas de cartulina que me cederon as papelerías e quioscos de Area Central, e ata bicos recibín, aquí vedes un, pero foi o día dos bicos e o día o: e ti, eres de Sardiñeiro, de quen ves sendo? que me pregutaron o finalizar o II Goteo Creativo que inauguraba o Local Disponible, jajaj un bico tamén para Casa dos Pedrouzos, que fomos a toparnos nestas despois de moitos moitos anos sen saber uns dous outros!

E para rematar, unha voltiña pola Romaría Pop!

finde completo!

por certo non perdades no Local Disponibe a obra de Mauro Trastoy e outras compañeiras como Neves Seara, Adriana Pazos, Xela Rodriguez… etc.

Novas na prensa relacionadas co día : http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/reinventandose-artesania-talleres-arte-contemporaneo/idEdicion-2014-06-15/idNoticia-874664/

Fotos miñas e de Etel bande