Mimadriña é


Mimadriña é un proxecto de artesanía e creatividade aplicada á educación social, que emprega o papel para crear pezas artesanais e elementos decorativos únicos, e que explora o potencial do origami no eido educativo co obxectivo de :

  • Promover a curiosidade pola artesanía e o deseño.

  • Incentivar a imaxinación e a capacidade de “soñar”.

  • Fomentar a creatividade e a actitude proactiva cara á contorna que nos rodea.

  • Potenciar, mediante o traballo individual e cooperativo, valores como a responsabilidade social, a tolerancia, a igualdade, a constancia e a paciencia

  • Reforzar a autoestima e identificar as emocións propias.

  • Desenvolver a concentración visual e mental e mellorar a memoria.

  • Favorecer cidadáns críticos, positivos e en igualdade, en definitiva creer que é posible o cambio social e difundir o lema:


“moita xente pequena , facendo cousas pequenas en lugares pequenos poden, cambiar o mundo.”


-GALEANO-

_MG_2155-MOTION.gif
“cando me preguntan que fago en mimadriña gústame dicir que fago barquiñas de papel, pero recoñezo que digo iso para provocar emocións na xente.”

“cando me preguntan que fago en mimadriña gústame dicir que fago barquiñas de papel, pero recoñezo que digo iso para provocar emocións na xente.”

Mimadriña é un proxecto de Palmira Castro Marcote.

IMG_20151211_193908.jpg

A orixe


Mimadriña é un proxecto que nace da intención de emprender “algo” creativo por min mesma, construílo para min e deixalo como exemplo para os meus sobriños e sobriñas, que medren pensando que outro maneiras de facer as cousas é posible.

Iniciei este proxecto no verán do 2012, retando a un sobriño. El pensaba que eu non facía nada coa miña vida, inmediatamente reteino a encher en dous días a praia do noso pobo de barquiñas de papel, ensineille nunha tarde e observei o enorme potencial educativo e narrativo do origami.

Empecei por abrir un blog, e contar esta historia e moi pouco a pouco ir contando as historias que xurdían explorando diferentes figuras de origami, facendo pequenas pezas artesanais co papel, observando a paisaxe, conversando cos meus sobriños e sobriñas.

Eu son paciente, e cada día que pasaba estaba máis convencida de que isto que facía era “carreira de futuro e longa vida”. A día de hoxe, Mimadriña é unha anana empresa educativa e creativa, e dende o 2016 son naiciña dun neno ao que demostrarlle que facer barquiñas de papel dende un lugar como este é unha boa opción. ;)


DSC9087-1024x650.jpg

"O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos“.


-CASTELAO-