Educación Social


“ Sempre ensino e aprendo emocionándome”.

Tras anos traballando en diferentes ámbitos da educación social, parei un tempo facendo cousas cas mans dende a beira dunha ventá. Respirei profundo e un ano despois retomei a miña vocación con ganas de xogar e desenvolver proxectos creativos e emocionantes por min mesma, convencida de que a educación social é unha profesión creativa, e o proceso artesanal do pregado de papel ten moitísimo potencial educativo.

Así foi naceron os Obradoiros mimadriña, pequenas accións formativas que abordan fermosas historias a través dunha figura de origami. E Proxectos educativos, máis amplos en tempos, público e obxectivos, adaptando os contidos aos participantes e o espazo ao que vai dirixido, establecendo conversas coas partes e aprendendo en común do longo do proceso.

1000 barquiñas de papel polo Miño en defensa da educación pública, Castrelo de Miño, Abril 2013.

1000 barquiñas de papel polo Miño en defensa da educación pública, Castrelo de Miño, Abril 2013.

Obradoiros mimadriña


Fermosas historias a través dunha figura de origami. Aprender a facer barquiñas, paxariños, flores, cubos máxicos, insectos, peixes, casas, corazóns, flores… A paz, o mar, a violencia de xenenro, a reciclaxe, a lingua, a ciencia, a rede, a lectura,o emprendemento, as conservas…son algúns dos temas que xa teño abordado nos meus obradoiros.

Queres que desenvolva un obradoiro arredor dun tema? Contacta conmigo e falámolo.

Aquí podes ver algúns dos obradoiros:


Papel mollado. Intervención no río Lerez para o Día da Danza, en colaboración ca bailarina Paulina Funes, 2013.

10334365_702205243151316_3802446052641521513_n.jpg
DSC7853-MOTION-2.gif

Festival de Danza Corpo a terra. Imaxe e obradoiro na rúa e na fonte da Praza do Ferro. Ourense. 2014.

Intervención na non inauguración da exposición  Té con madalenas . Normal, espazo de intervención cultural. A Coruña. En colaboración con Paulina Funes. 2013.

Intervención na non inauguración da exposición Té con madalenas. Normal, espazo de intervención cultural. A Coruña. En colaboración con Paulina Funes. 2013.

Obradoiro  Lápices , Bertamirán. 2014.

Obradoiro Lápices, Bertamirán. 2014.

 

Proxectos educativos


Os proxectos educativos, son accións máis amplas en tempos, público e obxectivos, adaptando os contidos aos participantes e o espazo ao que vai dirixido, establecendo conversas coas partes, e aprendendo en común do longo do proceso. Estos son algúns:

Campamento de Muxía

En colaboración con Nova Xestión Cultural. Concello de Muxía. Veráns 2013, 2014 e 2015.

Unha proposta que tivo como obxectivo durante tres veráns, axudar os cativos e cativas a tomar consciencia do seu propio ser creativo e a súa autoestima, favorecendo cidadáns críticos, positivos e en igualdade. Abarcamos contidos que van dende a búsqueda das inquedanzas propias, do cotiá, o pequeno, a elaboración de produtos a través de materias locais, co enfoque crítico e activo ante internet e os seus usos… ata acadar finalmente una idea madurada do que supón ser autónoma e autónomo en igualdade.


Conservas Mimadriña

 É proxecto educativo sobre a curiosidade de ollar e refacer a historia dun pequeno pobo mariñeiro. É unha exposición itinerante, é unha escusa, para abordar cos máis pequenos, a historia, a muller,o mar, a creatividade e o proceso artesán das conserveiras en Galicia.


Laboratorio Creativo

CEIP Areouta, Sardiñeiro de Abaixo. 2014,2015 e 2016.

Actividades extraescolares creativas e innovadoras que exploran e coidan do seu pobo e do seu pequeno colexio rural.


1000 barquiñas en defensa da educación pública

Concello de Castrelo de Miño, Abril 2013.

Un día sadako quixo facer mil grullas de papel para que se cumprise o seu desexo de que houbera paz no mundo. Como facer esta historia nosa?que temos en Sardiñeiro e en Castrelo de Miño?. 1000 barquiñas de papel e o desexo de loitar polo máis prezado, a educación pública.Así que abrimos as mans, mollamos os dedos na auga e soltamos o desexo.


Ponte a Londres e Ponte a Europa

Un proxecto de Nova Xestión Cultural. Concello de Pontevedra. 2014 e 2015.

Proxecto de normalización lingüistica nos colexios de Campañó, Lerez e Xeve en colaboración co Instituto Cañada Blanch de Londres e alumnado de Galego das universidades de Seffield, Cork, Birmingham, Oxford, Zadar, Berlín, Varsovia e Helsinki.


DSC5342-1024x608.jpg

Encaixa no emprego

Aula CEMIT. Centro Cívico Eirís, Concello de A Coruña. De 2014 a 2018.

Formación TIC e asesoramento na búsqueda de emprego


Conserva o galego

Concello de A Bola e Castrelo de Miño, 2014

 Un proxecto de normalización lingüística e intercambio interxeracional, dirixido a toda a poboación, nenos e nenas, familias e persoas maiores. Un proxecto de recuperación da memoria, construtivo e colaborativo, en torno á lingua galega.


en muxía se queres, podes. 

Concello de Muxía, 2014.

Un proxecto de apoio educativo que tivo como propósito impulsar a igualdade real cun formato multidisciplinar que abarca actividades creativas e plásticas, tecnolóxicas e educativas.


Intervención no Colexio de Sardiñeiro.

Á iniciativa da ANPA ARCO DA VELLA. Xuño, 2015.

Unha acción promovida pola ANPA Areouta do colexio de Sardiñeiro, para mellorar o aspecto dun pequeno colexio. Nenas e nenos, familias e o equipo educativo ao completo pasamos un sábado enteiro traballando para colorear o noso entorno, darlle vida e ilusión as paredes.Tempo e esforzos foron a nosa aportación, na crenza de que a escola pública somos tod@s, e a súa defensa pasa tamén por coidala.


Moita xente pequena, facendo cousas pequenas en lugares pequenos poden, cambiar o mundo.

-galeano-