Vistas para un cadro mimadriña

img_6741.jpg

Dende aquí xa vexo como se vai indo o verán, aínda quedan veleros na praia e as chalanas siguen ahí arriando nasas, pero sei que o verán vaise, a paisaxe mudará, chegará o tempo dos temporais e as gotas no cristal. todo é tempo, e todo será xeitoso dende aquí, aínda que o nariz poráseme roxo do frío ó pegalo ó cristal.

Estas vistas son de hoxe, moi cedo, case non durmín, pero teño que facer un xeitoso cuadro mimadriña para un bo moziño, un cadro para Emilio, regalo dos amigos e amigas que lle queren ben, e irá ata Lugo!

O cadro será ben bonito, como as vistas dende aquí no amencer do seu cumpre! Parabéns Emilio!