sobre min

palmira castro marcote

“mimadriña”

educadora social, artesá e contadora de historias

nacín e crecín en sardiñeiro, un dos lugariños máis fermosos e con bonita historia da costa da morte, que vou dicir eu!

estudei historia, teatro e educación social, todo remexido, co tempo e ca distancia caín na conta que ben podería tamén estudar carpintería, cociña, belas artes, fotografía, deseño gráfico, xornalismo ou programación, pero ata o momento non me deu a vida para máis, todo se andará.

tiven moitos traballos do que estudei e moitos ata bos e moi bos, pero deixeinos todos, non descarto volver algún día a eles, pero antes teño que facer moitas outras cousas por min mesma, sei que mimadriña non será o meu único e definitivo proxecto, de feito xa non o é, son a outra metade de etel&pan.

a miña natureza como muller da costa da morte faime traballadora incansable e cunha oralidade moi retranqueira. seica cumplo todos os requisitos para ser unha boa storyteller! a nena que son convírteme en creativa e curiosa compulsiva, crecín vendo unha illa no horizonte e soñei moitas veces en ir nunha barquiña de papel.
de maior quero ser moitas cousas e persoas como por exemplo jimmy liao!

o meu marco teórico?
a creatividade, as emocións na acción artesanal e educativa, como elemento motivador para a transformación das persoas, ideas e sociedades.

este é o meu cv

Uso de cookies

Este é o común texto legal que informa que este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación destas galletiñase e a aceptación da política de cookies ACEPTAR