que fago?

artesanía en papel e origami mariñeiro

todas as pezas mimadriña son parte dun proceso íntimo, unha conversa dende unha ventá entre o que vexo, o que percibo e a miña identidade composta de centos de conversas mantidas ca miña sobriñada, coa xente que coñecín e coñecerei.

“xa o dicía estes días, primeiro mirei pola ventá e vin o que me rodeaba, despois fixen unha barquiña de papel e púxenme a navegar, foi tan bonita a travesía que convencín a un montón de nenas e nenos para que fixeran a súa barquiña e navegasen miño abaixo defendendo o que é noso, de alí ó pouco empecei a argallar peixes de origami e chegou o momento de pesca e fixen unha cana cun pau que atopei na praia, fixen redes e ata unha nasa, e a pesca foi boa! cheguei á praia e pensei que podía facer con tanto peixe fresco, e entón lembreime da tradición conserveira do meu pobo sardiñeiro e da importancia que tivo no ser e no sentir dos meus veciños e veciñas. estaba claro! tiña que montar unha conserveira…”

formación e proxectos educativos

creatividade e artesanía na escola, dinamización rural, internet, blogs e software libre na intervención educativa, marca persoal, son algunhas dos temas formativos que teño desenvolvido.

normalmente aprendo a partes iguais que ensino.

cada proxecto mimadriña é/foi diferente ou tento que sexa así, elaborando un valor engadido novo en cada unha das miñas intervencións e propostas, adaptando os contidos aos participantes e o espazo ao que vai dirixido, establecendo conversas coas partes e aprendendo en común o longo do proceso.

talleres creativos

tras varios meses facendo cousas cas mans dende a beira dunha ventá, tiña que pasar á acción e dar conta do proceso e facer, sempre facer. foi así como naceron os obradoiros creativos mimadriña, primeiro facer e despois reflexionar e ensinar o aprendido, pequenas intervencións formativas que abordan fermosas historias.

obradoiros creativos intensivos dirixidos á cativada e a adultos soñadores, á comunidade educativa, a institucións públicas e entidades privadas.

decoración de espazos e eventos

gústanme os espazos vacíos, transformalos, recuperar a súa identidade, facer posibles historias, contar historias, crear mundos posibles e de vez en cando, déixanme facelo, si na rúa, nun río, nunha fonte ou no mar mellor que mellor!

“a diferenza entre un espazo vivo e un espazo morto: a maneira en que os seres humanos que están nel áchanse situados, un en relación co outro”, peter brook.

“temos a abriga de inventar outro mundo porque sabemos que outro mundo é posible. pero incumbenos a nós o construílo coas nosas mans entrando en escena, no escenario da vida”, augusto boal.

Comunicación e creación de contidos dixitais, a narración.

é importante que teñas unha historia que contar

o blog de mimadriña é pura identidade costeira, dá conta da importancia do proceso creativo do proxecto, favorecendo un recurso inspirador para outros. son a maioría das veces ideas que nacen de ilusións, da poética e a observación meticulosa e crítica da realidade. detrás de cada proxecto mimadriña hai unha narración, descúbreas.

“…. durante moitos, moitísimos anos, os meus debuxos estiveron pendurados da parede do materno infantil da coruña. cando regresábamos de volta para sardiñeiro, as árbores eran diferentes, e as cunetas estaban cheíñas de fieitas, cheas de alquitrán, eu sentía peniña por elas, e para compensalas, a miúdo pensaba nelas. outra pregunta recurrente das miñas e sen resposta era “por que os montes cheiraban tan ben se non tiñan unha nai que freghara neles…”

aínda que teño participado en moitos proxectos de comunicación e creación de contidos dixitais anteriormente a mimadriña, foi este proxecto o que amosou a miña capacidade para conar historias na rede, por iso, colaboro con outros blogs e proxectos ademáis de compaxinaromeu traballo comoaxente tic na rede CEMIT.