Ponte a Londres, proxecto de normalización lingüística. Pontevedra.

  • Cliente: Concello de Pontevedra.
  • Colaboradores/as: Nova Xestión Cultural, Víctor Gonzalez, Equipos educativos e alumnado de  CEIP San Benito Lérez, CEIP Santo André de Xeve, CEIP de Parada-Campañó e o Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres.
  • Data: Curso escolar 2013-2014
  • web: www.pontealondres.eu

Ponte a Londres é un proxecto de normalización lingüística e intercambio cultural virtual, construtivo e colaborativo arredor da lingua galega, onde os rapaces e rapazas de centros de ensino rurais de Pontevedra e un centro de Londres poderán intercambiar e construír experiencias da vida cotiá no seu ámbito, así como coñecer outros xeitos de vida, tendo como elemento motivador a normalización da lingua galega.

Ponte a Londres é un proxecto en proceso, que se vai ir facendo coas ideas, vídeos, fotos, audios, conversas e algún que outro encontro entre o alumnado dos centros CEIP San Benito Lérez, CEIP Santo André de Xeve, CEIP de Parada-Campañó do Concello de Pontevedra e o Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, co obxectivo de coñecer e intercambiar experiencias, coñecer outros xeitos de vida, maneiras de vivir as linguas, propostas creativas galegas en diferentes eidos e finalizar o proceso elaborando un documental por pezas inspirado en todo o observado e vivido e que narre o proceso durante o curso 2014.

Os compoñentes transversais:

  • Uso, posta en valor e difusión da lingua e cultura galega entre a mocidade e dende a mocidade.
  • Uso responsable e crítico da tecnoloxía, así como a construción colaborativa de contidos web e multimedia.