Obradoiro de barquiñas de madeira de deriva!

  • dirixido a: centros escolares, anpas, concellos e outras entidades públicas ou privadas
  • duración: 2 horas
  • inclúe escenografía
  • pódese realizar o aire libre
  • poden participar as familias
  • máis info en: palmira@mimadrinha.com

un pau, un pau, un pau!

en sardiñeiro, no verán son moitos os barquiños que veñen pousarse a miña ventá  e no inverno os temporais achegan a nosa costa moitos madeiros e sorpresas, xa sabedes que eu son unha toliña das barquiñas de papel pero o que ao mellor o que non sabedes e que recollo paus e madeiros na praia, un pau, un pau, un pau! son a toliña que anda a gritar polas praias de sardiñeiro, o furadiño, talón ou rostro!

Algunhas veces teño sorte e atopo non solo madeiros, atopo historias de barcos afundidos, naufraxias e demáis cousas fermosas que ten a nosa Costa da Morte.

este é un obradoiro para facer barquiñas de madeira, barquiñas de madeiros que chegan polo mar abaixo e queeu recollo durante todo o ano.

Xa teño feito estes obradoiros:

http://mimadrinha.com/2013/09/barquinas-de-madeira-que-antes-foron-barquinas-a-deriva-cronica-da-feira-franca/

http://mimadrinha.com/2013/12/crebas-en-arte-miuda/

e buscando paus, teño atopado historias fermosas como:

http://mimadrinha.com/2014/10/a-praia-das-latas-do-cason/

http://mimadrinha.com/2014/06/3983/

 

Uso de cookies

Este é o común texto legal que informa que este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación destas galletiñase e a aceptación da política de cookies ACEPTAR