En Muxía se queres, podes! Proxecto de apoio emocional e educativo

  • Cliente: concello de Muxía
  • Colaboradores/as: Nova Xestión Cultural, Sagrario Álvarez, Rafa Gaioso, Guillermo Cordeiro, Lúa Louro, Paula Tubío, e Virginia D.
  • Data: Novembro 2014

“en muxía se queres, podes” enmarcado dentro do plan municipal de igualdade de oportunidades , cofinanciado pola secretaria xeral de igualdade, o fse e o concello de muxía, ten como propósito é impulsar a igualdade real cun formato multidisciplinar que abarca actividades creativas, tecnolóxicas e educativas, sendo ao mesmo tempo así un apoio para ás familias e os nenos e nenas.

as actividades propostas dentro deste proxecto educativo encádranse en dúas áreas de traballo:

  • reforzo educativo: coa finalidade de por a disposición das familias os medios e recursos didácticos necesarios para axudar ó alumnado con dificultades de aprendizaxe no seu proceso educativo.
  •  as actividades creativas: a creatividade será ferramenta principal de traballo, entendendo creatividade como a capacidade de crear, innovar, plantexar e resolver situacións a través de diferentes soportes: tecnoloxía, teas, papel, crebas

Algúns dos contidos e colaboradores/as  do proxecto “En Muxía se queres, podes”

  • rafael gaioso, presidente de melisa, nos obardoiros de scratch
  • guillermo cordeiro, experto en tecnoloxía de arduino, no obradoiro do mesmo nome.
  • paula tubío, sicóloga e creativa en a gata moscovita, no obradoiro de autemprendemento creativo.
  • virginia d, fotógrafa cun obradoiro sorpresa con moita luz!
  •  lúa louro, deseñadora gráfica  e creadora do creatorio nos obradoiros, como apioi nas actividades creativas.

Uso de cookies

Este é o común texto legal que informa que este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación destas galletiñase e a aceptación da política de cookies ACEPTAR