Campamento creativo de Muxía “por igual” 2014

Unha proposta que ten o obxectivo de axudar os cativos e cativas a buscar información, formarse e crear para facer a súa propia realidade, a tomar consciencia do seu propio ser creativo e a súa autoestima, favorecendo cidadáns críticos, positivos e en igualdade.

Abarcaremos contidos que van dende a búsqueda das inquedanzas propias, do cotiá, o pequeno, a elaboración de produtos a través de materias locais, co enfoque crítico e activo ante internet e os seus usos… ata acadar finalmente una idea madurada do que supón ser autónoma e autónomo en igualdade.

O noso obxectivo é ofrecer unha alternativa divertida pero á vez práctica, na que por medio da experiencia adquiran coñecementos para capacitarse na confianza das súas propias habilidades e talentos.

Apostando por unha educación en positivo, en Igualdade.: como o principio que concede idénticos dereitos a todos os seres humanos, con independencia da súa raza, sexo, relixión, condición social, ideoloxía ou circunstancias persoais.