manifesto

se o que ollas a través da túa ventá é gris, ponlle cores. se o que tes entre mans non funciona, tenta arranxalo. non perdas o tempo queixándote ou falando. síntete libre para facer o que che pase pola cabeza. sé independente das opinións e consellos que che dean, sexan bos ou malos. alimenta a túa curiosidade: coñece, aprende, curiosea, pregunta, socializa. practica facendo cousas que nunca pensaches facer, ao mellor convértese na túa ilusión. crea o teu propio pensamento. se tes que alonxarte durante un tempo, faino. non repitas nin difundas os pensamentos de outros sen ter pensamento crítico. se coñeces xente moi crack e te fascinou o seu traballo, difunde a súa obra. contáxiate da ilusión e da capacidade de estimular e crear. non te limites pensando que un día esa ilusión se vai acabar, e se se acaba, o camiño realizado non será un fracaso, será unha nova experiencia. fracaso sería non aprender nada. o importante é o camiño. non te preocupes polo desgaste, nada permanece novo. esquece a perfección. resiste ás tendencias impostas, crea ti tendencia. se tes unha idea ponte con ela, pouco a pouco, disfruta de ollar como vas evolucionando. o mundo está cheo de xente creativa, non te asustes, son coma ti, un día comezaron. comparte as túas ideas. comparte o teu entusiasmo. comparte as túas habilidades. a práctica diaria favorece a creatividade. a creatividade favorece a ilusión. a ilusión favorece o sorriso. o sorriso favorécete.

manifesto mimadriña

[vc_btn title=”Merca o manifesto!” shape=”square” align=”center” link=”url:http%3A%2F%2Fmimadrinha.bigcartel.com%2Fproduct%2Fmanifesto-mimadrina||target:%20_blank|”]