“vendo o mundo, ademais das aparencias, vemos a opresores e a oprimidos en todas as sociedades, etnias, xéneros, clases e castes, vemos o mundo inxusto e cruel. temos a abriga de inventar outro mundo porque sabemos que outro mundo é posible. pero incumbenos a nós o construílo coas nosas mans entrando en escena, no escenario da vida”  augusto boal

Traballo dende a casa, o lado dunha ventá enorme con vistas a praia de Sardiñeiro, a primeira inspiración. A miña casa está aberta e forma parte  da rede de obradoiros abertos de Artesanía de Galicia.

Obradoiros Abertos ofrece información de talleres de artesanía visitables en Galicia (España) e outros puntos de interese artesanal, permitindo obter información sobre cada un deles.

Qeures visitar o meu obradoiro? podes solicitarme a través do correo electrónico unha visita, estarei conteta de poñerte cara e recomendarvos  lugares que me inspiran desta Costa da Morte, desta costa luminosa!

gústame o meu fogar, facer nel, o meu fogar é o meu mundo, non hai outro espazo interior que me guste máis, e gústame sobre todo pola xente que habita nel de cando en vez, que veñen  a visitarme.

gústanme os espazos vacíos, en branco, transformalos, facer posibles historias, contar historias, crear mundos posibles e de vez en cando, déixanme facelo. Rosana de A despensa do avó Francisco foi a primeira persoa que confiou no meu traballo de encher espazos!

“a diferenza entre un espazo vivo e un espazo morto: a maneira en que os seres humanos que están nel áchanse situados, un en relación co outro” peter brook.

un día mirei pola fiestra e pensei que bonito sería encher o mar de barquiños de papel de cores

Uso de cookies

Este é o común texto legal que informa que este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación destas galletiñase e a aceptación da política de cookies ACEPTAR