Category: Talleres creativos

bichería en origami!

insetos que voan en origami!
teño a casa chea de avellas, moscas da fruta e xoaniñas que viñeron onte conmigo e volverán o sábado ó Pazo da Cultura de Pontevedra.

Por certo, a estas alturas xa podo dicir que son amiguísima de Orbil, encántame, é tan bo lobo, tan agarimoso, tan guapo! Ains!

Ala, deixovos que teño a bichería toliña pola casa!

que facer cas ramiñas da poda

Moito granizo e moitas folerpas de neve caeron estes días! Menos mal que no colexio de Sardiñeiro xa fixemos a poda coa lúa da semana pasada, e así estes días ao quentiño podemos facer por exemplo estas estreliñas!

Aquí tedes a fota da estrela de Marta, con catro anos aínda non sabe atar os cordón dos zapatos, nin abrocharse a bata que ten no cole, pero aos poucos fixo esta marabilla!

Da un pouco de choio facelas, confeso que eu axudeille un pouco, pero é unha peza sinxela, fermosa e na que solo precisades ramiñas e fío ou cordón dos chourizos!

Se facedes unha, compartide conmigo unha fotiño de como quedou!
Aperta!

as sardiñas das nenas e nenos de Sardiñeiro

Hoxe faleille do concurso de sardiñas de Lisboa e ata das andoriñas de porto! Xa sabedes polo que se decidiron verdade? Os nenos e as nenas do Sardiñeiro fixeron Sardiñas!Neste blog moito teño falado da tradición conserveira do meu pobo, e de como as sardiñas marcan ata o nome do pobo, o patrón e o territorio.
Sempre,cada curso, dende o 2014 que empecei con meus obradoiros extra escolares no colexio de Sardiñeiro, sempre algo facemos cas sardiñas.

Eu estou empezando a pensar que en Sardiñeiro hai unha canteira creativa moi importante e con este potencial, algo grande para o pobo podería facerse! De broma digo ás veces que enchería a única rotonda de barquiñas de papel ou faría unha sardiña xigante coa cativada. De repente ata creo que algunha destas sardiñas podería gañar o concurso das festas de lisboa.
E estas son as sardiñas das cativas e cativos de 3 e 4 anos, como serán as de maña cos máis grandes?
Viva a escola mimadriña querida!

Por certo están feitas de arcilla branca!

dous libros que son pura inspiración para a cativada

Podería explicar cada instante da miña vida a través das obras de Jimmy Liao, adoro o seu traballo, a súa sensibilidade, as emocións… Adorei!

Nos libros de Jimmy Liao sempre hai unhas personaxes moi recurrentes, o coello xigante, os peixes parlantes, o neno perdido e os gatos. No libro “Esconderse en un lugar del mundo” contámos hasta 31 gatos! Así que hoxe unha vez máis tivemos a Jimmy Liao como inspiración e falamos do que pode ser un gato para este autor. E despois… facer cas mans! No obradoiro mimadriña lab do colexio de Sardiñeiro, hoxe os nenos e as nenas de 5,6,7 e 8 anos fomos un chisco gatas!

E onte coa rapazada más pequuerrechiña falamos dos peixes, tamén de Jimmy liao e tamén deste outro libro!

Muxía

“Xogar para un neno é a posibilidade de recortar un trocito de mundo e manipulalo, só ou acompañado de amigos, sabendo que onde non poida chegar pódeo inventar.”
Tonucci

Para nós, o campamento de Muxía é emocionante como un día de festa, como se chegáramos polo mar en barquiña de papel e dende o lonxe víramos as nosas casas, a nosa xente brillar como estrelas!

Graciñas por compartir con nós esta emoción! Xa vai o terceiro ano de compartir tantas cousas e agarimos, de aprender e ensinar as nosas maneiras de ver e comprender o mundo.

o www.campamentodemuxia.eu remata, e con el as nosas máis de 700 estrelas, cubiños e barquiñas de origami, por que si as perseidas non veñes a nós, nos temos luz dabondo para brillar!

Corazón de artesanía. Agolada

xa o dicía fai uns meses neste artigo, síntome emocionalmente vinculada a artesanía, sinto tamén a necesidade de comunicar cas mans, “facer é poder” como di Rosa Pomar, eu engadiría “facer é comunicar”, comunicar para min é querer contar unha historia ca clara intención de emocionar, e de tentar cambiar as cousas, sexa cambiar un sorriso e facelo máis amplío, sexa amosar as posibilidades comunicadoras dunha barquiña de papel ou de moitas feitas coa simplicidade de follas de papel, sexa levar polo pais adiante a vida do meu pobo Sardiñeiro ou sexa demostrar que educación + as emocións + un chisco de deseño ten como resultado algo extraordinario.

este ano tiven a sorte de reunir nun pendello uns centos de barquiñas, o meu manifesto, as emocións e a miña clara intención de comunicar, arroupada por un montón de artesáns, tiven a sorte de poder estar en Agolada, no Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia.

Xa case pasou un mes, e sigo emocionada, recuperei os folgos, máis as emocións perduran, pasei tres dias nun pendello, si nun pendello, iso a min xa me da para contar unha historia o resto da miña vida, de feito non e a única historia que teño dos pendellos de Agolada, de feito teño esta outra .
Xa fai case un mes que pousei a máquina de coser da miña bisavoa nun pendello e estivo tres días cosendo sen parar, cosendo barquiñas e prestando o seu corpiño a moitos nenos e nenas, e xentiña de amplo corazón e mans inquietas.

Fixen unha recapitulación de imaxes que me enviastes deses días, non todas as imaxe son miñas, algunhas son prestadas, e xa vos digo que reúnen algúns dos momentos que vivimos alí, máis as emocións e as conversas quedaron alí, entre nós, entre a pedra, as barquiñas e a xente, toda a xente que me acompañou, que repetiu, que viña a sentarse e facerme compaña, moitos e moitas viñeches a compartir moito agarimos comigo, así o sentín, e claro despois pensado cando ía no coche, de volta, cheguei a conclusión: ah, por iso é corazón de artesanía, non por que se faga no centro de Galicia, chámase Corazón por que o encontro está feito con moita pel, con moito traballo pero sobre todo co corazón das persoas que o fan posible, co corazóns e as mans de moitos e moitas artesáns, coa amplitude dos corazóns da xente que ven a participar dun encontro que a min me emocionou, e si xa sei que son moito de namorar e emocionarme, seino,pero tamén vos digo que a mi non me emociona calquera cousa, son moi exixente, e desta vez, directa o meu corazón de artesanía.

Moitas grazas a toda a xente que o fixo posible, moitas grazas a toda a xente que alí coñecín.

san pedro é mimadriña querida!

Aos pouquiños vou contando as miñas travesías coas barquiñas, nestas datas que a tantos lugares me levaron, por que son elas as verdadeiras protagonistas, por que son o elementos mínimo e sinxelo que chama a atención de todas e todos os que pasan pola rúa, sexan pequenos ou grandes.

si, fai unhas semanas, polas festas de san Pedro que pousei o corpiño e as barquiñas nas festas do barrio de san pedro, todo un orgullo poder facer algo con eles, con este barrio de Santiago onde vivín cando era estudante, en Lagartos, en Concheiros, alí pasei parte dos meus estudos e alí sentín o orgullo de ser dun barrio, eu, sendo dun pobo pequeniño. Foi tamén San Pedro o barrio escollido para desenvolver o meu último traballo de carreira alá polo 2004 e foi tamén en San pedro onde estudei teatro e aprendín a pousar o corpo, daquela aínda sen barquiñas.

si, ten o meu corazón, puxen o meu corazón, cheguei, abrín o baúl e estendín a marea de barquiñas e aso poucos viñeron os veciños e veciñas a sentarse comigo a facer barquiñas, a levarse a marea consigo.

Moitas grazas por deixarme participar deste fermosa festa, da súa historia, moitas grazas por ser barrio, moitas grazas a súa veciñanza, as súas asociacións por facer posibles unhas festas así, unha cultura así.

o pracer de volver a Muxía

O ALIMENTO DA ESCOLA DEBERÍA SER A EXPERIENCIA DOS NENOS

Tonucci

E co verán volveu o Campamento de Muxía! Os abrazos enormes, os bos días con sorriso, os calores, o twister, os colorinchos, o melón e a sandía, as barquiñas de cores e o pracer!

o pracer de pasalo ben con poucas cousas, basta con uns materiais de refugallo uns cantos paquetes de folios de cores e cartolinas.

O pracer das cousas cotiás, a beleza do simple, as vacacións de facer simplemente o que nos gusta, xogar, comer, brincar, experimentar, abrazar… o pracer, este é o tema deste ano no campamento, e por iso quizais, despois dunhas semanas moi intensas para min, chegar a Muxía o luns, foi gozar, querer e deixarme querer, por que en Muxía coa rapazada síntome moi querida, este ano máis que calquera outro, non sei, son xa tres veráns e sinto que enténdome perfectamente coa rapazada, que temos o noso código de agarimos e o ritmo de traballo moi compenetrado!

Ains, que vou contar, que estou encantada, que irei contando as novas aventuras no blog campamentodemuxia.eu aos pouquiños, que un ano máis teño que darlle voltas e voltas á cabeza para ofrecerlles novidades e contos, para presentarlle a xente interesante que fai cousas extraordinarias das pequenas cousas cotiás!

Ains, o pracer de gozar da xentiña miúda de Muxía!

ains, canto me acorda o meu amigo Víctor!

viva a rapazada de Sardiñeiro, viva a anpa arco da vella!

moita xente pequena, facendo cousas pequenas en lugares pequenos poden, cambiar o mundo

este sábado foi un deses días que quedarán na memoria do pobo, na memoria de toda a rapazada e no meu corazón para sempre. nenas e nenos, familias e o equipo educativo ao completo pasamos un sábado enteiro traballando para colorear o noso entorno, o colexio areoua de sardiñeiro, darlle vida e ilusión as paredes, que se vexa dende lonxe a enerxía que desprende. tempo e esforzos son a nosa aportación, na crenza de que a escola pública somos tod@s, e a súa defensa pasa tamén por coidala.

alá polo abril do 2013  no colexio Areouta de Sardiñeiro decidimos facer deste lema a nosa filosofía, levando as barquiñas en batallón. dende aquela, a ANPa arco da vella traballou arreo para loitar e defender unha educación pública e de calidade que aposte polo valor das cousas pequenas, a diversidade e o local.

Por iso e como xa sabedes, cando este curso escolar contaron conmigo para desenvolver as actividades extraescolares de manualidades para min foi algo moi importante e o máis importantes dos traballos de mimadriña neste ano. Traballar coa rapazada do meu cole, do meu pobo! o reto era importante e o obxectivo moi claro: meterlle a ilusión mimadriña no corpo, que lles quede ben gravado o lema de que traballando xuntos podemos cambiar o mundo e facelo máis amable e bonito, así levamos meses, coloreando o mundo, o noso mundo, Sardiñeiro, ben sexa con pintura, con barquiñas e flores de papel ou recollendo madeiro se cunchas na praia ou contando contos e historias mínimas e exemplares.

O resultado agora que vai terminando este curso non pode ser máis enorme para min, sinto un orgullo tremendo de pertencer a este colexio, de contar co agarimo da anpa e coas palabras, ideas, comentario, bicos e abrazos da miña rapazada. Quedan cousas por facer nestas derradeiras semanas, sorpresas e o festival fin de curso, tamén quedan cousas por dicir e perdoade que vounas gardar ata dicirllas primeiro a eles e a elas, e despois compartireinas aquí.

Moitas grazas por contar conmigo, ter a oportunidade de traballar así é xenial e escoitar dicir a unha nena: mamá, agora xa temos piscina de olas e arco da vella no cole! é impagable.

Tedes nota de prensa e + info no que pasa na costa .

 

 

e agora que ninguén se cele, pero Sardiñeiro é o mellor pobo da Costa da Morte, jajajajajja. 
Viva a rapazada do Sardiñeiro!

na semana do libro en Carballo, nun submarino

si, o pasado luns estiven en carballo, na semana do libro, cun obradoiro mimadriña querida, máis cando cheguei e despreguei as miñas barquiñas, ben parecía que estaba navegando nun gran submarino.

que xenial lugar para un obradoiro mimadriña querida, moito me gustou! aínda tiña sitio para centos e e centos de barquiñas e para pousar alí toda a miña biblioteca de libros favoritos sobre o mar, como o de Patente de Corso de RafaVillar !

así, en dúas sesións e para medio centenar de rapazas e rapaces de terceiro de primaria, conteilles curiosidades sobre o origami, a historia, a clasificación e realizamos tres figuriñas e entre elas unha estrela modular de moitas moitas puntas que era todo un reto para principiantes coma elas e eles, pero reto conseguido!

Gustoume carballo e a súa rapazada, gustoume ter a oportunidade de falarlles dos meus libros favoritos sobre o mar, gustoume o trato e agarimo recibido por Carme e Montse e gustoume moito ver á saída do pazo de cultura un lavadoiro onde botar as barquiñas! 😉

Graciñas!