Category: Portofolio/ Artesanía

ourizos

fai unhas semanas conteivos que fun a pasear e deume por apañar…

so unha rapaza adiviñou que apañara.

Pois apañei ourizos, blanquiños e sen pinchos, fermosos e delicados como boliñas de papel ou cubiños de origami. pensei en facer algo con eles, que quedaran para sempre na miña memoria e preto de min e pensei en facer unha peza única con eles, que xa está en proceso.

máis non podía quedar solo niso, tiña que tentar facer de aquel intre fermoso algo máis e tomei estes instantes como insiración para uns novos cadros mimadriña, que sei que a Elena Fabeiro lle van gustar, e jajaj non tedes nin idea cal vai ser o resultado! 😉

marea

moreas e mareas de barquiñas este nadal

E tras pasar varios días facendo barquiñas, ondas e paxariños, despois de coser o vento do nordés, chegou o momento de facer os paquetiños e moitos deles xa van de camiño.

parece que este nadal haberá mareas e moreas de barquiñas!

gracias polo voso apoio, proximamente nas vosas casas.

na noite

Eu son moi diurna, máis levo unhas semanas que estou de acollida na noite. Teño a intranquilidade instalada nas costas, como se tivera eu toda a responsabilidade de recoller e deixar ben gardadiño este ano que xa remata, como se tivera a responsabilidade de coser puntada a puntada todas as desfeitas dos temporais.

A pesar de tosdo, eu síntome abrigadiña e vaime moi ben para traballar e adiantar as mareas e as moreas de barquiñas que lle pedistes os reis e o papá noel.

boa noite e mellor semana!

grulla de origami a voar

” despois de todo, do traballo feito, cun pequeno empurrón, estou ben segura que voará”

teño os dedos peladiños estes días para cumplir con todos os vosos pedidos de #nadal, voarán todos pronto,e a casa volverá quedar vacía.

sempre é así, como si centos de grullas e mareas partiran de min cara vós.

e iso para min ten o seu sentido.

http://mimadrinha.bigcartel.com/

garabelos e garavelo

Garabelos

Hoxe estou a traballar neste cadro para Isabel, chámase “Garabelos” por que é o que vexo pola ventá desde unha casiña desta aldea en Bande, en Ourense.

Alí a pesar da friaxe que xa fai, eu sinto que sempre é primavera.

Tamén podería chamarse Beirán, por que me recorda a miña casa en Punxín, onde pasei tres anos e medio, e alí a primeavera e o outono eran idílicos.

A primeira vez que pensei en facer un cadro así, foi en Garabelos, no seu patrón, no San Xoan de 2014, mentras os poucos ía poñendo as flores na auga para preparar as miñas herbas de san xoan. Fun escollendo as flores pola súa cor, pola súa feitura e mentres as pousaba caín na conta que o que estaba a facer era compoñendo un cadro mimadriña. Era claro, tiña que atopar a forma de trasladar esa imaxe ao papel.

Graciñas a Andrea Lopez, que me deixou un comentario no facebook, sei tamén que é Garavelo, quédome ca derradeira definición. 😉

(3) Cada um dos pequenos montões de erva, tojo, etc., que se formam ao roçar ou segar um prado.

 

Podes atopar este cadro na tenda online.

 

sardiñas do sardiñeiro en Lisboa

Chegar a casa despois duns días lonxe e atopar isto no buzón… 

E ver que a miña Sardiña do Sardiñeiro forma parte das mellores sardiñas de Lisboa nesta publicación!

Mimadriña querida! O mellor do Sardiñeiro co mellor de Lisboa! 😉 vivan as sardiñas do Sardiñeiro, famosas no mundo enteiro!

Si, xa sei, so moi de entusiasmarme con estas cousas, pero claro, póñome a pensar que nacín nunha pequena aldea costeira, que o nome do meu pobo está vinculado a conserveira que se instalou aquí a finais do século XIX e marcou a identidade do meu pobo; que eu son de Sardiñeiro, e que un día decidín facer unha sardiña do sardiñeiro, por que si, por que sempre tento buscar a identidade co que fago, por iso, nuca farei un elefante de papel a non ser que un día me aconteza algo extraordinario cun elefante e marque a miña historia.

e iso, enviar a miña sardiña do sardiñeiro, ao concurso de sardiñas máis bonito, como é o das festas de lisboa, e ser seleccionada entre milleiros de propostas….pois como non vou a emocionarme con estas cousas… ains!

este ano participei no concurso, alá polo mes de febreiro enviei a miña proposta, en maio comunicaronme que aínda que non era a sardiña gañadora no 2015, si formaba parte das 100 mellores sardiñas e polo tanto estaría presente na exposición que organiza a EGEAC de Lisboa e aínda por riba, a Sardiña do sardiñeiro estaría pendurada por algunha rúa da fermosa Lisboa!

Todo era extraordinariamente fermoso para min, e aínda por riba, meses despois, chégame esta bonitura! Eu este ano, penso volver concursar. 😕

Tedes aquí máis info sobre o concurso, a exposición e o atálogo das cen sardinhas selecionadas este ano: http://www.festasdelisboa.com/es/sardinhas/ e aquí un artigosobre esta iniciativa http://blogs.elpais.com/gastronotas-de-capel/2015/04/a-sardinha-de-lisboa.html e aquía miña sardiña seleccionada!

vivan as sardiñas do sardiñeiro

o outono de orballo

este vídeo é de fai uns anos, ca familia facendo folliñas 😉

Chegou o outono, case despois da primavera, e digo case por que este ano o verán para min foi de tan intenso traballo que fai us días mentras desfrutaba dos meus primeiros días de descanso tiña a sensación de que empezaba maio e ainda quedaba todo o verán por diante.

de todos os xeitos, o outono é unha desas estacións onde a luz o envolve todo de certa calidez e calma e soe ser para min un tempo para pensar, para fixarme nos máis pequenos e delicados detalles, así que vou deixar acoller con tranquilidade nestes tempos, aínda que teña a sensación de que este verán e os azuis do mar quizais pasaron pola miña ventá sen eu estar detrás dela.

 

As folliñas que vedes nestas imaxes e a guirnalda, son un encargo de Orballo www.orballo.eu, un proxecto de producción ecolóxica de herbas aromáticas, arroces e infusións que nace e medra  na Reserva Mundial de la Biosfera de “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

Para elas este pedazo de outono feitos nestes primeiros días de luz cálida.

Corazón de artesanía. Agolada

xa o dicía fai uns meses neste artigo, síntome emocionalmente vinculada a artesanía, sinto tamén a necesidade de comunicar cas mans, “facer é poder” como di Rosa Pomar, eu engadiría “facer é comunicar”, comunicar para min é querer contar unha historia ca clara intención de emocionar, e de tentar cambiar as cousas, sexa cambiar un sorriso e facelo máis amplío, sexa amosar as posibilidades comunicadoras dunha barquiña de papel ou de moitas feitas coa simplicidade de follas de papel, sexa levar polo pais adiante a vida do meu pobo Sardiñeiro ou sexa demostrar que educación + as emocións + un chisco de deseño ten como resultado algo extraordinario.

este ano tiven a sorte de reunir nun pendello uns centos de barquiñas, o meu manifesto, as emocións e a miña clara intención de comunicar, arroupada por un montón de artesáns, tiven a sorte de poder estar en Agolada, no Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia.

Xa case pasou un mes, e sigo emocionada, recuperei os folgos, máis as emocións perduran, pasei tres dias nun pendello, si nun pendello, iso a min xa me da para contar unha historia o resto da miña vida, de feito non e a única historia que teño dos pendellos de Agolada, de feito teño esta outra .
Xa fai case un mes que pousei a máquina de coser da miña bisavoa nun pendello e estivo tres días cosendo sen parar, cosendo barquiñas e prestando o seu corpiño a moitos nenos e nenas, e xentiña de amplo corazón e mans inquietas.

Fixen unha recapitulación de imaxes que me enviastes deses días, non todas as imaxe son miñas, algunhas son prestadas, e xa vos digo que reúnen algúns dos momentos que vivimos alí, máis as emocións e as conversas quedaron alí, entre nós, entre a pedra, as barquiñas e a xente, toda a xente que me acompañou, que repetiu, que viña a sentarse e facerme compaña, moitos e moitas viñeches a compartir moito agarimos comigo, así o sentín, e claro despois pensado cando ía no coche, de volta, cheguei a conclusión: ah, por iso é corazón de artesanía, non por que se faga no centro de Galicia, chámase Corazón por que o encontro está feito con moita pel, con moito traballo pero sobre todo co corazón das persoas que o fan posible, co corazóns e as mans de moitos e moitas artesáns, coa amplitude dos corazóns da xente que ven a participar dun encontro que a min me emocionou, e si xa sei que son moito de namorar e emocionarme, seino,pero tamén vos digo que a mi non me emociona calquera cousa, son moi exixente, e desta vez, directa o meu corazón de artesanía.

Moitas grazas a toda a xente que o fixo posible, moitas grazas a toda a xente que alí coñecín.

Aspadex e mimadriña (II)

A Asociación ASPADEX é unha entidade de iniciativa social na Costa da Morte con sede en Cee, con 30 anos de historia, que ten como obxetivo mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e a da suas familias. Unha entidade que cree nas persoas e nas súas capacidades para elaborar un proxecto de vida propio e independente, na corresponsabilidade de todos os membros da organización no proceso e na rendabilidade social como elemento xerador de riqueza quereinvírtese na propia entidade, nos participantes e familias, e polo tanto nos veciños e veciñas desta costa.

Aspadex “aporta” valor engadido, valor social, económico e cultural a miña comarca, e tamén aporta valor engadido a mimadriña.

O 1 de marzo do 2013 contábavos que a partir dese intre todos os cadros mimadriña serían enmarcados nesta entidade, e xa fai dous anos que o meu traballo vai ligado a eles, ao taller de madeira de “Fino” e as súas rapazas e rapaces que me chaman “a chica das barquiñas”.

Hoxe cóntovos que os cadros mimadriña os tedes a venda na Tenda Aspadex do Finis Terrae Centro Comercial de Cee.

Moitas grazas por todo, seguimos aos poucos facendo a nosa costa de barquiñas de papel.