a tenda mimadriña

Coleccións

“mimadriña”

“Sardiña do Sardiñeiro”

“CoraÇon alecrim”

“Garabelos”

“Salgado”

“Conserveira mimadriña”

outros

“xa o dicía estes días, primeiro mirei pola ventá e vin o que me rodeaba, despois fixen unha barquiña de papel e púxenme a navegar, foi tan bonita a travesía que convencín a un montón de nenas e nenos para que fixeran a súa barquiña e navegasen miño abaixo defendendo o que é noso, de alí ó pouco empecei a argallar peixes de origami e chegou o momento de pesca e fixen unha cana cun pau que atopei na praia, fixen redes e ata unha nasa, e a pesca foi boa! cheguei á praia e pensei que podía facer con tanto peixe fresco, e entón lembreime da tradición conserveira do meu pobo sardiñeiro e da importancia que tivo no ser e no sentir dos meus veciños e veciñas. estaba claro! tiña que montar unha conserveira…” e así toda a miña obra plástica, todo é parte dun proceso íntimo, unha conversa dende unha ventá entre o que vexo, o que percibo e a miña identidade composta de centos de conversas mantidas ca miña sobrinada, coa xente que coñecín e coñecerei.

Uso de cookies

Este é o común texto legal que informa que este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación destas galletiñase e a aceptación da política de cookies ACEPTAR