apañando ou como me marcaron as clases de pre-tecnoloxía na exb ;)

sempre fun de apañar, ir coleccionando cousas, acumulando e despois facer composicións. recordades cando no colexio facíamos composicións con garavanzo, lentellas, palillos, pinzas… pois de aí veñen as orixes de mimadriña, non credes?

A min as clases de manualidades ou pre-tecnoloxía da exb deixáronme pegada, eu adoro ir pegando cousiñas, imaxinade cando fun de excursión a illa da toxa e vin unha igrexa con centos de cunchas pegadas.

Abríuseme un mundo de posibilidades!

na adolescencia deume por percorreras praias, en busca de tesouros que coleccionar, primeiro deume polas conchas e as pedras, xa fai anos diso! despois polos púas e os madeiros, pasei polos plásticos e as cordas tamén.

co tempo e as cousas vividas, xa máis crecida, caín na conta que o resultado quedaba ben curioso, pegando unhas barquiñas depapel…. o resto da historia xa a coñecedes.

pero desta vez deume por apañar na praia do ézaro….

alguén adiviña que apañei fai unhas semanas no Ézaro?
Quen adiviñe primeiro, leva un premio mimadriña querida! Podes deixa ra túa resposta aquí ou a través do facebook!

Moita sorte!

Xa ensinarei o vídeo co resultado final! 😉