defenderme

Fai tempo que non me sento na cama coa tranquilidade da noite a escribirvos. fai tempo que non o fago coma antes e fai tempo que tomei certa distancia do blog. ë como si o vira dende lonxe, como se estivera eu moi lonxe, como si dende a miña ventá o deixara ir polo mar, como unha barquiña de papel empuxada polo vento, polas mareas e con pouco que facer, pequeniña de min.

É como esa fermosísima imaxe das criaturas de Theo Jansen correndo pola praia. Nun intre vos falo del!

A pesar de todo, sinto un profundo amor polo blog, ás veces ata o vexo demasiado fermoso, dubido ás veces que ata saíra de min e teño medo volver atrás e ler todo o que sucedeu nel. teño hoxe a sensación de que para salvalo, para salvarme destes meses de golpes, teño que volver a él, primeiro como lectora e observadora, e despois… despois o que suceda.

levo un tempo así, sen máis tempo que para defenderme, sobrevivir e tentar poñer toda a miña concentración en defender o que son o que fago e o que soño. Sería unha longa historia que contar, sería ata tedioso ter que recontalo e revivilo, sería ata contraproducente para a supervivencia do meu manifesto, de feito, xa teño na cabeza un terceiro manifesto despois do primeiro e do segundo ( razóns para non vender), quizais un día destes o poña aquí, pasou o tempo de defenderme,  agora toca o tempo de refacerme, relerme e volver a soñar.

que poder , pódese, aínda que coste de carallo! jajajaja