Un traballo feliz de Frank Buschmann

Con este título, “Un trabajo feliz”, como non vou falar desta curta e sobre todo de Frank Buschmann, un ebanista alemán que dende fai poucos meses veu crear fogar e creará escola a poucos quilómetros, da miña casa e taller, en Corcubión.

Descubrín a Frank, gracias a boa amiga Begoña Fontela, e o namoramento foi instántaneo, todo o que dicía na reportaxe que a mesma Begoña realizou para a TVG era moi recoñecible para min, forma parte do meu ser e pel, do manifesto mimadriña.

Facer o que a ún lle gusta, deixar o que non sentimos atrás, apostar polo que verdadeiramente importa, eso que tanto estamos escoitando nos derradeiros meses en artigos como o de Angeles Caso e Kireei, pero que en realidade sempre estivo aí, habitando o sentido común.

O dito, xa sabedes ben dabondo os e as que seguides o blog a que me refiro, e xa sabedes dabondo por que me gusta este Traballo feliz de frank, pura poesía, puro traballo feito cas mans, fermoso e sinxelo, tedes o seu traballo na web do seu proxecto ou marca ( xa sabedes que non me gusta falar de marcas, senón de proxectos ou persoas) WOODWORKS BUSCHMANN BELLA

 

Podedes saber máis detalles neste artigo do xornal dixital Que pasa na costa e aí atopades ademáis a entrevista que Begoña e Xosé lle fixeron na TVG.

Bicos

Xa sabedes de quen vou ser alumna neste 2016, 😉