unha ventá con vistas en Londres

el non pode deixar de imaxinar como sonaría a música mentras ela toca no seu corazón e eu non podo deixar de imaxinar como serán as vistas desa ventá no corazón da nena. O que máis me gusta das fotos que @etelbande me saca e que sabe ler o noso pensamento, ten a habilidade para captar ese intre no que a alma gaña presencia.

o que máis me gusta contar os nenos e as nenas é que todo o que poden ollar dende unha ventá é posible nas súas mans, todo está aí, por sempre, para cando queiramos ollalo, pero tamén está aí para refacelo, e transformalo.

se algunha vez teño un meniño ou unha meniña, ensinareille o importante que é ter unha ventá no corazón e os ollos para mirar por ela.

os lugares que saen nas guías para visitar London, están moi sobrevalorados, pero Columbia Road Flower Market é amor, volvería a London solo por volver vela co nariz pegado no cristal.