sardiñas do sardiñeiro en Lisboa

Chegar a casa despois duns días lonxe e atopar isto no buzón… 

E ver que a miña Sardiña do Sardiñeiro forma parte das mellores sardiñas de Lisboa nesta publicación!

Mimadriña querida! O mellor do Sardiñeiro co mellor de Lisboa! 😉 vivan as sardiñas do Sardiñeiro, famosas no mundo enteiro!

Si, xa sei, so moi de entusiasmarme con estas cousas, pero claro, póñome a pensar que nacín nunha pequena aldea costeira, que o nome do meu pobo está vinculado a conserveira que se instalou aquí a finais do século XIX e marcou a identidade do meu pobo; que eu son de Sardiñeiro, e que un día decidín facer unha sardiña do sardiñeiro, por que si, por que sempre tento buscar a identidade co que fago, por iso, nuca farei un elefante de papel a non ser que un día me aconteza algo extraordinario cun elefante e marque a miña historia.

e iso, enviar a miña sardiña do sardiñeiro, ao concurso de sardiñas máis bonito, como é o das festas de lisboa, e ser seleccionada entre milleiros de propostas….pois como non vou a emocionarme con estas cousas… ains!

este ano participei no concurso, alá polo mes de febreiro enviei a miña proposta, en maio comunicaronme que aínda que non era a sardiña gañadora no 2015, si formaba parte das 100 mellores sardiñas e polo tanto estaría presente na exposición que organiza a EGEAC de Lisboa e aínda por riba, a Sardiña do sardiñeiro estaría pendurada por algunha rúa da fermosa Lisboa!

Todo era extraordinariamente fermoso para min, e aínda por riba, meses despois, chégame esta bonitura! Eu este ano, penso volver concursar. 😕

Tedes aquí máis info sobre o concurso, a exposición e o atálogo das cen sardinhas selecionadas este ano: http://www.festasdelisboa.com/es/sardinhas/ e aquí un artigosobre esta iniciativa http://blogs.elpais.com/gastronotas-de-capel/2015/04/a-sardinha-de-lisboa.html e aquía miña sardiña seleccionada!

vivan as sardiñas do sardiñeiro