san pedro é mimadriña querida!

Aos pouquiños vou contando as miñas travesías coas barquiñas, nestas datas que a tantos lugares me levaron, por que son elas as verdadeiras protagonistas, por que son o elementos mínimo e sinxelo que chama a atención de todas e todos os que pasan pola rúa, sexan pequenos ou grandes.

si, fai unhas semanas, polas festas de san Pedro que pousei o corpiño e as barquiñas nas festas do barrio de san pedro, todo un orgullo poder facer algo con eles, con este barrio de Santiago onde vivín cando era estudante, en Lagartos, en Concheiros, alí pasei parte dos meus estudos e alí sentín o orgullo de ser dun barrio, eu, sendo dun pobo pequeniño. Foi tamén San Pedro o barrio escollido para desenvolver o meu último traballo de carreira alá polo 2004 e foi tamén en San pedro onde estudei teatro e aprendín a pousar o corpo, daquela aínda sen barquiñas.

si, ten o meu corazón, puxen o meu corazón, cheguei, abrín o baúl e estendín a marea de barquiñas e aso poucos viñeron os veciños e veciñas a sentarse comigo a facer barquiñas, a levarse a marea consigo.

Moitas grazas por deixarme participar deste fermosa festa, da súa historia, moitas grazas por ser barrio, moitas grazas a súa veciñanza, as súas asociacións por facer posibles unhas festas así, unha cultura así.