viva a rapazada de Sardiñeiro, viva a anpa arco da vella!

moita xente pequena, facendo cousas pequenas en lugares pequenos poden, cambiar o mundo

este sábado foi un deses días que quedarán na memoria do pobo, na memoria de toda a rapazada e no meu corazón para sempre. nenas e nenos, familias e o equipo educativo ao completo pasamos un sábado enteiro traballando para colorear o noso entorno, o colexio areoua de sardiñeiro, darlle vida e ilusión as paredes, que se vexa dende lonxe a enerxía que desprende. tempo e esforzos son a nosa aportación, na crenza de que a escola pública somos tod@s, e a súa defensa pasa tamén por coidala.

alá polo abril do 2013  no colexio Areouta de Sardiñeiro decidimos facer deste lema a nosa filosofía, levando as barquiñas en batallón. dende aquela, a ANPa arco da vella traballou arreo para loitar e defender unha educación pública e de calidade que aposte polo valor das cousas pequenas, a diversidade e o local.

Por iso e como xa sabedes, cando este curso escolar contaron conmigo para desenvolver as actividades extraescolares de manualidades para min foi algo moi importante e o máis importantes dos traballos de mimadriña neste ano. Traballar coa rapazada do meu cole, do meu pobo! o reto era importante e o obxectivo moi claro: meterlle a ilusión mimadriña no corpo, que lles quede ben gravado o lema de que traballando xuntos podemos cambiar o mundo e facelo máis amable e bonito, así levamos meses, coloreando o mundo, o noso mundo, Sardiñeiro, ben sexa con pintura, con barquiñas e flores de papel ou recollendo madeiro se cunchas na praia ou contando contos e historias mínimas e exemplares.

O resultado agora que vai terminando este curso non pode ser máis enorme para min, sinto un orgullo tremendo de pertencer a este colexio, de contar co agarimo da anpa e coas palabras, ideas, comentario, bicos e abrazos da miña rapazada. Quedan cousas por facer nestas derradeiras semanas, sorpresas e o festival fin de curso, tamén quedan cousas por dicir e perdoade que vounas gardar ata dicirllas primeiro a eles e a elas, e despois compartireinas aquí.

Moitas grazas por contar conmigo, ter a oportunidade de traballar así é xenial e escoitar dicir a unha nena: mamá, agora xa temos piscina de olas e arco da vella no cole! é impagable.

Tedes nota de prensa e + info no que pasa na costa .

 

 

e agora que ninguén se cele, pero Sardiñeiro é o mellor pobo da Costa da Morte, jajajajajja. 
Viva a rapazada do Sardiñeiro!