na semana do libro en Carballo, nun submarino

si, o pasado luns estiven en carballo, na semana do libro, cun obradoiro mimadriña querida, máis cando cheguei e despreguei as miñas barquiñas, ben parecía que estaba navegando nun gran submarino.

que xenial lugar para un obradoiro mimadriña querida, moito me gustou! aínda tiña sitio para centos e e centos de barquiñas e para pousar alí toda a miña biblioteca de libros favoritos sobre o mar, como o de Patente de Corso de RafaVillar !

así, en dúas sesións e para medio centenar de rapazas e rapaces de terceiro de primaria, conteilles curiosidades sobre o origami, a historia, a clasificación e realizamos tres figuriñas e entre elas unha estrela modular de moitas moitas puntas que era todo un reto para principiantes coma elas e eles, pero reto conseguido!

Gustoume carballo e a súa rapazada, gustoume ter a oportunidade de falarlles dos meus libros favoritos sobre o mar, gustoume o trato e agarimo recibido por Carme e Montse e gustoume moito ver á saída do pazo de cultura un lavadoiro onde botar as barquiñas! 😉

Graciñas!