Que teñen en común unha tartaruga, un mariñeiro… Salón do libro de Pontevedra

Que teñen en común unha tartaruga, un mariñeiro, as viaxes no tempo, unha das personaxes de Songoku, unha caixa de origami e a canción Taro de ALT-J?
Pois pensaredes que vaia remexido de cousas, pero ter teñen en común unha cousa, unha das máis coñecidas lendas xaponesas, unha lenda do século VII que ten aparecido en capítulos de Doraemon, Songoku e incluso guiños nos Simpson. Alguén sabe de que lenda falo? xa din moitas pistas, buscade buscade!

E como vedes ata Darth Vader andivo por alí, non se viu capaz de facer o cubo modular de origami Tametakabo, máis andava a espíar dende unha esquiniña! 😉

Ale, voume na busca de novas historias, unhas serán lidas outras serán vividas,  para facer novos remexidos.

Deixo as fotos do que foi a miña participación no Salón do Libro de Pontevedra. 😉