obradoiros mimadriña no nadal

este nadal sen dúbida foi o nadal da luz, da luz dos días, ceos azuis e luz de inverno, da luz das casiñas e das estrelas dos obradoiros mimadriña, en A Bola, Castrelo de Miño, Lires, Sardiñeiro… aquí fago unha selección das imaxes que pais e nais me pasaches, moitas gracias!

a verdade e que ía con enerxía, ja, bueno eu sempre vou con enerxía, máis xusto uns días antes de rematar o cole, estiven no EEI Milladoiro e coñecendo a Ángeles de Innovarte Educación infantil, e claro, empapeime de optimismo e bo facer! 😉

Graciñas rapazada, graciñas por compartir horas nestas datas que tan pouco me gustan, pero que xa pasaron.

Vémonos noutra.