e nos aquí, no paraíso, entre a néboa

Nestes días de escuridade … e mira que desexei luz para o 2015, pero as cousas as veces chegan así, e non son produto de un feito fortuíto ou tolo, son produto de moita complexidade, moita máis da que tentamos comprender.

hoxe entre a néboa, ente a paisaxe a rabiar de fermosa, entre a humidade e o gris, a beleza está aí, dentro de nós, facémola nós. Este é un #queinspiraamimadriña dende un lugar mimadriña querida! dende outro lugar desa nosa #costadamorte que non todos coñeceredes, Santa Uxía en #Dumbría, arriba no encoro do Xallas, a nada do Ézaro.

Fai uns meses visitei este recuncho e cando María da Casa rural Santa Uxía @casadesantauxia ensinoume que tiñan un embarcadoiro, jaja vino claro, eu tiña que botar unhas barquiñas! Así que díxenlle que un día virei a botar uns barquiñas. É un deses escenarios naturais, onte falaba deses escenarios dende Touriñán e hoxe o fago dende este recuncho da nosa Costa interior, dende un paraíso para moitos descoñecido.

hoxe sacamos centos de fotos, entre a néboa fermosa a rabiar e eu non podía deixar de pensar esa frase mítica dunha película que non recordo agora o nome, iso de: o mundo acábase e nos aquí, amándonos! pois iso, lonxe a traxedia e nos aquí, entre a néboa fermosa nun lugar idílico.

adicarei máis fotos e palabras a esta mañá dun #queinspiraamimadriña.

p.d: moita luz dan uns barquiñas de papel!