aí ven o ano que ven

aí ven o ano que ven!

sempre, nestas datas fago unha pequena reflexión do que foi o ano para mimadriña e polo tanto tamén para min, case sempre digo que o ano foi como o fun contado no blog, polo tanto se estiveches por esta ventá saberedes que foi un ano cheo de milagres e cousas extraordinarias na nosa costa e polo tanto en mimadriña. e cando falo de todos estes milagres, refírome a barcos que aparecen debaixo da area, a praia do rostro, que sempre é un milagre, a barquiños que chegan polo mar abaixo con contos para os nenos e nenas, a ondas xigantes e temporais, os sons deste ao, a luz, as crebas que chegan polo mar abaixo que non é o mesmo que o lixo, que lixo tamén tivemos abondo no 2014 e que chegan da xente pota como di Caxade.

por iso, por que sei que o 2015 vai a ser un ano moi importante para todos nós, precisaba adicarlle uns agarimos antes de que chegue, escoller fotos lindascon etel e sair a pasear escollendo os mellores paus que sosteñan este ano que ven.

o calendario 2015 é un produto feito en colaboración, mimadriña e etel bande, un produto que precisábamos facer en certa maneira como agradecemento o 2014 que tantas cousas boas nos trouxo os dous, por que somos conscientes que o virou todo como o barco de rostro que apareceu debaixo da area, por que nos fixo conscientes do paso do tempo e de que as cousas, as historias autenticas sempre están aí, esperando a que veña un bo temporal e as saque a superficie. non hai que desesperar, os milagres deste tipo suceden, pero o mais bonito e que se vexan ou non se vexan o que os converte en milagres e que a xente os recorde a pesares dos anos, de 90 anos.

precisamos a memoria, recordar as cousas bonitas e compartilas, facer os demais partícipes e que crean, é case como un acto de fe, si, as cousas poden pasar, so temos que ter memoria e facelas posibles, nós cas nosas mans, por moito que teñamos que escarvar na area.

o calendario 2015 ven polo tanto con parte deste ano que xa remata: fotos lindas, papel e un pau de deriva, recollido nas praias da parroquia de sardiñeiro.

podedes encargar un na tenda mimadriña, aquí.

tenda mimadriña

 

as fotos son miña e de etel bande, o calendario é un produto feito en colaboración entre os dous.