Iniciativas bonitas de xente bonita en Betanzos!

betanzos escaparate casco histórico

betanzos escaparate casco histórico

 Ola! toc toc!

son eu metida dentro dun cadro xigante mimadriña!

conseguino, xa podo dicir que son unha rapaza de cadro! jaja

ains! si, estou algo “chalada” máis non son a única! Adriana e Ana son algo coma min.

fai un tempiño entereime que a Asociación de amigos do casco histórico de Betanzos estaba a facer unha iniciativa que eu considero moi fermosa e que está en total sintonía sobre o que eu penso en xeral, da vida, e en particular, sobre o potencial que ten a creatividade e “o cultural” e as ganas de facer cousas para mellor a convivencia e a realidade dos pobos e as vilas. por iso, cando coñecín o proxecto nos ollos de adriana e da ilusión co que falaba del , eu pensei: eu quero participar disto! e aínda por riba dinme que faga o que queira, vino claro, eu dentro dun escaparate, eu facendo un cadro mimadriña xigante!

 Pero, en que consiste a iniciativa da Asociación de amigos do casco histórico de Betanzos?

é unha proposta de dinamización do casco histórico de Betanzos que tenta facer visible a súa fermosura, recuperando a tradición comercial deste barrio, o comercio local, as tendas de barrio; propoñer os propietarios que cedan voluntariamente ese espazo e o seu escaparate para que o mesmo tempo, a xente que fai cousas, sexan artesáns, creativos ou artistas, amosen o seu traballo, en definitiva, eu creo que é un pouco abrir ventás as posibilidades que teñen espazos que décadas atrás foron “abandonados” e que teñen un valor cultural e histórico que non debemos nin deberíamos deixar atrás e que son paradigma para a dinamización non so cultural, senón turística, pero sobre todo o máis importante e que mellora a vida diaria e a economía das persoas que habitan un lugar tan especial como Betanzos, unha iniciativa que para min fala de dúas cousas importantísimas: a acción de un grupo de persoas que queren cambiar as cousas e o fan voluntariamente e as potencialidades que ten a creatividade e a cultura para transformar a vida da xente, os lugares e a economía local.

Bonito non?

Pois se gustades desta iniciativa, ide ver os escaparates que moitos artesáns están argallando en locais cerrados do casco histórico, é un paseo moi inspirador e o mellor ata namorades de Betanzos e decidides alugar un deses espazos pechados e darlle vida cunha das vosas iniciativas de auto emprego.

Adriana comentabame que a iniciativa esta sendo un éxito, cada vez máis propietarios confían na iniciativa e ceden eses espazos e locais pechados para ser transformados e o mellor, e que o pouco vanse alugando e están a modificar o casco histórico. Adriana que a vedes nas fotos con gorriño é “amor”, e ana é outra das voluntarias que participan nesta fermosa iniiativa onde cada vez hai máis xente implicada, e eu non podo deixar de agradecer a OSS Diseño a súa axuda desinteresada que me prestaron.

Aqui nos vedes, Adriana, e Ana, axudándome cas barquiñas e almorzando, 😉

se queredes saber máis ou se tes unha proposta artística, artesá ou creativa e queres participar nesta iniciativa para dar o coñecer o teu traballo, ponte en contacto coa Asociación de amigos do casco histórico. podes escribirlle a este correo betanzoshistorico@gmail.com ou ver o que están a facer no seu

facebook https://www.facebook.com/betanzoshistorico

Que cadro, mimadriña!

betanzos escaparate casco histórico

IMG_0714 IMG_0709 IMG_0738

IMG_0765