Xornadas de Economía e Cultura: ou como apostar polo I+D+I+A+E+O+U

Eu camiñando cara a Cidade da Cultura ca miña barquiña de papel xigante debaixo do brazo 😉 Pensaba, mimadriña podería encher este espazo de barquiñas!

O venres como xa sabedes moitos, estiven en Santiago na primeira xornada do Ciclo de Economía & Cultura que se desenvolverá durante os vindeiros meses na Cidade da Cultura de Galicia de man de Nova Xestión Cultural.

Un encontro entre creadores e emprendedores do sector cultural dedicadas a fortalecer o tecido cultural e creativo galego e analizar o seu papel na nova economía e na realidade actual galega, trátase, por tanto, de analizar os elementos fundamentais para traballar en, con, para, desde a cultura,  a paisaxe e as propostas persoais creativa de autoemprego, apostar polo momento e boom creativo que estase a experiementar nestes intres nas nosas aldeas, vilas e cidades e ofrecer unha visión positiva de como a cultura e a creatividade contribúen e poden seguir contribuindo á construción de novos modelos socio-económicos. A cultura e a creatividade como xeradoras de valor e como eu sempre digo: A creatividade na acción educativa como elemento motivador para a transformación das persoas, ideas e sociedades.

O telón de fondo dunha xornada íntima e creativa

Xente crac como digo eu, aportando valor ca súa maneira de saber facer. Alberto de Nova Xestión Cultural, Marcos Lorenzo moderando o debate e dando no cravo nas súas pregutas, Sergio Lago de Nocomún e exemplo do poder de unir esforzos, Touriñán e o seu compañeiro de Airapro exemplo de esforzo e traballo no eido cultural galego. falta nesta foto a experiencia de Andrés do Faro dos tres mundo.

E así foi, unha xornada íntima onde os creadores, emprendedores, xestores culturais e participantes desta xornada,  plantexaron de maneira sinceira as súas propostas, experiencias e preguntas para poder elaborar un análise propia e motivar unha actitude positiva ante o autoemprego no eido cultural en tempos de crise social e económica, así como tentar solucionar eivas administrativas que estan a dificultar este novo modelo que ben para quedarse.

Así nesta liña interviron, Andrés de El faro de los tres mundos,  Marcos Lorenzo, Sergio Lago de Nócomun, Touriñán e Airapro,  Íñigo e Josu de taZEBAez e  Global Futurizer e eu mesma, e a min unha das cousas que me quedou clara e que estamos en tempos de apostar por nós mesmos, libres e conscientes de que o valor está nas nosas ideas e que o proceso poderá ser longo e lento, máis temos que unir forzas e establecer sinerxias e colaboracións para apostar polo que cremos. Estamos nun momento clave para orientar un novo saber facer no eido cultural, unindo conceptos como a xeración, producción e xestión cultural e a educación social, por que non hai millor maneira que ir aprendendo e educando co facer, se a través das novas propostas de autoemprego educamos unha nova maneira de xerar, producucir, xestionar e consumir cultura, podemos estar tranquilos, por que non haberá cabida o fracaso.

Cdc

Eu, as miñas barquiñas e o meu I+D+I+A+E+O+U

Como digo eu no meu manifesto, o fracaso sería que neste proceso non aprendéramos nin ensináramos nada! Quizáis transversalmente a todas estas propostas presentadas o venres, está a ausencia de medos, e a visión de que o fracaso non é negativo, senón case un estado ou un proceso positivo e necesario para medrar cara propostas millores.

Agora xa sabedes, se tedes unha idea, tentade desenvolvela, os poucos, leve a onde vos leve, o proceso de aprendizaxe para ti e para os que te rodean será de valor e estaredes favorecendo e creando un novo saber facer.

Elas son Cris e Bea, xunto con Alberto conforman Nova Xestión Cultural, unha aposta por crear,difundir e apoiar a cultura desta terra. Eu que vou dicir!, a cabeza non lles para, son os tres moi xeitosos e teñen ideóns, con boa xentiña me fun xuntar! Grazas por creer sempre en mimadriña!

Quérovos convidar a que escoitedes no programa do Diario Cultura aquí, a entrevista que lle fan a Cristina de Nova Xestión Cultural, por que dá no cravo!

“o autoemprego é unha alternativa, é unha opción para facer o que un quere… para desenvolver proxectos culturais, abertos e creativos”

“a creatividade é o motor da innovación, os artistas están acostumbrados á incertidume, as negativas, e os artistas deben apostar por í mesmo,creer no seu traballo, ser optimistas…. valores totalmente actúais e claves nos procesos de  innovación das empresas”

“a administración non é o unico cliente da cultura, ….. e o sector privado e u cliente importantisimo”

Como dixen eu o outro día e que moita risa lles deu: eu creo no I+D+I+A+E+O+U e disir: Investigación+ desarrollo+ innovación+arte+educación+optimismo+utopía.

Ah e grazas tamén a María de ADN ideas, a María América, Roberto Sobrado, José Angel Cabaleiro e Olga da Central Folque polas conversas e por contarme cousas dos seus proxectos e o mozo de Laracha que me falou do escaparate da zapatería Zocas de Carballo que se inspirou en mimadriña, ;)!

Se queres ter máis info deste faladoiro, ponte en contacto conmigo no mimatenda@gmail.com.