Esta é a Alacena da Aldea

alacena da aldea

Eu son de Sardiñeiro, en Fisterra e iso sempre marca moito, sempre me din que vivo nun lugar lonxe de todo. A primeira vez que pisei Avión, pensei:

sí home sí! Avión si que está lonxe!

Máis se botas amizades nun lugar ou amores, ata o lugar máis lonxe do mundo parece preto! E sí, Avión parece lonxe e non digamos Beariz, pero unha vez que percorrades a carretera que une estes dous concellos, xa nada va i ser igual, por que a súa beleza vai facer que sempre teñas ganas de volver. Avión ten esa cousa que non sabes que é, que tamé ten Fisterra, algo así como unha natureza salvaxe e indómita que parece saída dun conto o máis estilo Tolkien.

E nesa terra, nesa natureza, Almudena e Ana, un día decidiron apostar polo que vían a través da súa venta, como mimadriña! 😉

Almudena e Ana son dúas mozas que non podían esperar “a que o tempo mellorase” e decidiron apostar pola súa vila, polas cousas que a terra levaba toda a vida a darlles, decidiron “prende” un negocio no rural. Pasaron meses e meses coma moitos de nós nestes tempos, argallando que podería funcionar, e decidiron que a Alacena da Aldea sería unha boa cousa, para elas e para a xentiña de Avión e con toda esa ilusión puxéronse mans a obra, e en boca de Almudena agora ademáis saben que os barnices son todos impermeabilizantes, a pintar, a usar a lijadora, a barnizar, a montar estanterias… 😉

Alacena da Aldea é unha tenda de alimentación no concello de Avión. Unha tenda na que se poderán atopar productos de froitaría, conxelados, embutidos, productos ecolóxicos, larpeiradas , e produtos de artesáns da comarca e algún que outro de mimadriña, jaja.

 Comezan con moita ilusión e con idea de ofrecer aos seus clientes habituais descontos preferenciais a través de tarxetas de fidelización.
No futuro pensan contar cun servizo de reparto a domicilio enfocado a xente maior que vive nas aldeas da contorna e que lle e difícil desplazarse para facer a compra diaria.
Mimadriña eu xa me imaxino esa furgoneta, incluso propoño ata facela de papel, jajajja. Bueno, mentras patento esa idea, estiven a facerlles a imaxe coorporativa e logo da tenda. Aquí o tedes, como non en papel e moi mimadriña ainda que non teña barquiñas ten unha centola, jajajjaja
Un bico enorme e moita sorte.
A Alacena da Aldea abre as súas portas o vindeiro sábado 4 de maio, no mes das letras galegas adicadas a un dos grandes, a Roberto Vidal Bolaño!
Se queredes saber máis delas, seguídeas no seu facebook.