As 3000 barquiñas de papel en Castrelo de Miño por unha educación pública e a xente que o fixo posible.

Xa cheguei de novo a Sardiñeiro, sen barquiñas nas mans, pero co corpo aínda tremendo e non do vento e do frío da Costa da Morte que hoxe chegou ata Castrelo de Miño! Tremendo de emocións e da xenialidade dos máis pequenos, que me viñan tirar da chaqueta para enseñarme a súa barquiña, sinto que non puiden falar con todos e todas, que vos achegachedes a Castrelo, que houbera disfrutado moito dunha conversa tranquila e que me contárades como foi ese momento que vos sentáchedes a facer barquiñas para loitar polo noso, pola educación pública, pola cultura que prende de lugares pequenos como en Sardiñeiro e Castrelo de Miño, en cada recunquiño da nosa paisaxe! Moitas grazas, e sei que dalgúnha maneira, ímonos volver atopar noutra! Ata outra!

Estas son as palabras que  tiña onte domingo cando cheguei de novo a Sardiñeiro, moi contenta do que acontenceu o domingo en Castrelo de Miño, pero sobre todo moi contenta do que debeu pasar estas semanas de atrás en moitos fogares, ecolas e anpas. Eu sei ben o tempo que leva aprender e facer unha barquiña de papel, por eso non podo deixar de impresionarme co feito de que tanta xente, grande e miúda de moitos lugares do noso país e doutros fixera posible esta teima, soño ou poema.

Fai anos que levo pendurada unha frase que di:

a poesía non está nos versos dos poetas!

Mimadriña querida, canta razón!  Podería escribir uns versos que digan:

…teño os ollos cheos de barquiñas de papel,

que medran nas mans dos picaros desta terra,

deste mar,

que enchen de coloríns ata os temporais máis fortes,

e que silentes van deixando un ronsel de ilusión.

Non, as barquiñas de papel non afunden fácil…

Máis nestes tempos, neste preciso momento, no é suficiente ca palabra, precisamos pasar a acción, precisamos poesía de acción,de feitos, por iso 1000 barquiñas de papel en Castrelo de Miño por unha educación pública.

No dicionario galego di de acción:

 O que alguén fai. Unha boa acción. sin. acto, feito, obra. 2. Exercicio da facultade de actuarDeixémonos de palabras, pasemos á acción. ant. inacción. 3.Feito de actuar, de producir algo un determinado efecto sobre unha cousa.O muíño funciona pola acción da auga. A acción repetida do mar vai erosionando os acantilados. ant. inacción. 4. Sucesión de acontecementos que constitúen o argumento ou tema dunha obra narrativa, dramática, ou dunha película. A acción da novela desenvólvese na Patagonia. 5. Econ. Cada unha das partes en que se considera dividido o capital dunha sociedade anónima. Vendeu todas as súas accións. 6. Econ. Título que acredita estas partes. Tiña gardadas as accións nunha caixa forte.
▲ Paquete de accións. V. paquete 1 .

Vaille que nin pintada a definición!

A poesía non está so nos versos dos poetas,

está na acción, nas pequenas cousas que facemos a cotío para loitar por un mundo, un país, unha terra, un mar ou unha educación millor.

A poesía esta na xente pequena como Carla, Candela, Guillermo, Sara, Lucía, Pablo, Jorge, Brais, Lara, Xoel, Joel, Carmela, Javi, Sebastián, Vica, Xurxo, Nuno, Airas, Noemí,Angeles, Almudena, Gloria, Roosa, Simón,Luis Gustavo,  Esteban, Rita, Socorro, Carlos, Joao, Pedro, Víctor e tantos outros nenos e non tan nenos.

A poesía está na xentiña da  Federación de Anpas da Costa da Morte e na de Ourense, na escola de Sardiñeiro e Castrelo de Miño e nas súas Anpa , na Coordinadora de Anpas do Ribeiro, nos coles de Ribadavia e de Quins, no CEIP Samos Pais, na Anpa de Cervantes, do Incio e na de O Carballo e A Uceira, na do Courel, na Escola de Silvoso e de Samos, no CRA de Bergondo, na Asociación Enriqueta Otero conta a violencia de xénero de Lugo, e nas Cuidadanas, na plataforma de defensa da montaña e o rural, en Ribadeo, en Leiro, San Sadurniño, Samos, Betanzos…

A poesía está nas cousas pequenas como nas  barquiñas feitas  cunha folla de papel.

A poesía está nos lugares pequenos, no rural, onde estivo sempre  e onde hoxe máis ca nunca se está a ver día a día como a cultura, os movementos sociais e artísticos volveron a aldea, de onde nunca deberon de marchar, como podedes ler nestes dous artigos que xa teñen un tempiño: aquí e aquí. A poesía está en lugares pequenos como en Sardiñeiro, a súa praia, nos seus furadiños, nas chalanas e no Rumbo.

Pero este pasado domingo 28 de abril a poesía estivo e Castrelo de Miño, na ación de unir mans, palabra, creatividade e ilusión e botar no Miño centos e centos de barquiñas co desexo que no noso pais teñamos unha escola de calidade, unha escola libre, aberta, positiva, motivadora, inspiradora, que poña en valor a nosa terra, o noso mar e a nosa xente, integradora, potenciadora das relacións entre os pícaros, as súas nais e pais e o equipo docente, queremos unha escola enorme, mimadriña querida!

Podería escribir unha crónica de como aconteceron as cousas esta fin de semana en Castrelo, contar que o sábado as sete reunímonos para facer baquiñas, para contalas, para contar contos de papel inspiradores e que o pasamos moi ben, máis como somos de acción, mostro no facebook unha ampla seleción das imaxes, que non precisan moitas palabras.

E respondo a algunhas das preguntas destes días:

Por qué argallei todo isto?

Por que a cabeza non me para, por que a  miña natureza como muller da Costa da Morte é ser traballadora incansable, a nena que son convírteme en creativa compulsiva, por que a miña experiencia laboral ata o momento dí que son educadora social e dinamizadora cultural, pero sobre todo por que creo na creatividade na acción educativa como elemento motivador para a transformación das persoas, ideas e sociedades.

Por qué en Castrelo de Miño?

Por que antes de que existira mimadriña.com e a súa ventá con vistas a Sardiñeiro, estaba a ventá do Clube Náutico de Castrelo de Miño, unha ventá na Aula Cemit de Castrelo onde traballei fai uns anos e onde aprendín o meu oficio, a educación social, a dinamización cultural e  a importancia de internet nos procesos educativos e nos movementos sociais.

Castrelo é un lugar de natureza mimadriña querida, pero sobre todo por que Castrelo é positivo, loita polo seu, polo máis prezado, a súa terra e a súa xente, por que leva demostrando anos que as cousas pódense facer ben, por que Castrelo de Miño é acción.

Por qué 1000 barquiñas de papel?

Un día Sadako quixo facer mil grullas de papel para que se cumprise o seu desexo de que houbera paz no mundo. E que temos en Sardiñeiro e en Castrelo de Miño?, pois o Atlántico e o Miño, símbolos da noso pais, e polo tanto o mellor era facer unhas 1000 barquiñas, un batallón! Listo!, agora so faltaba o desexo: O desexo é loitar polo máis prezado, a educación, a cultura. Así que abrimos as mans, mollamos os dedos na auga e soltamos o desexo, queremos unha escola pública de calidade, queremos que esta demanda chegue a tódolos portos.

E chegou, vaia se chegou, deron conta todos estes medios, moitas grazas a todos por dar conta da poesía nestes tempos.

La Voz de Galicia (23/04/2013)

Blog o Corno do Boi(25/04/2013)

Faro de Vigo (27/04/2013)

La Región (27/04/2013)

CRTVG (28/04/2013)

Faro de Vigo (28/04/2013)

El Economista (28/04/2013)

Europa Press (28/04/2013)

Sermos Galiza (28/04/2013)

El Ideal Gallego (28/04/2013)

La Voz de Galicia (28/04/2013)

La Región (28/04/2013)

El Correo Gallego (28/04/2013)

La Opinión de A Coruña (28/04/2013)

Diario de Ferrol (28/04/2013)

20 Minutos (28/04/2013)

Mundo Ourense

Anpa San Cristobal

Escola de Silvoso

Olladas de nenos

Pd1: Gustaríame aclarar unha pequena confusión que houbo nalgúns medios, non son pedagoga, nin mestra en ningún cole, eu so dixen que para min era un orgullo poder chegar a Castrelo de Miño cun batallón de barquiñas feitas polos nenos e nenas do que foi o meu cole, o cole de Sardiñeiro, unha escola pública, nun lugar pequeno. 😉

Pd2: Gustaríame adicarlle un forte abrazo a Escola de Samos, e si temos que ir plantar unhas 1000 folliñas de papel para sacarlle un sorriso despois do ataque de vandalismo sufrido a semana pasada, pois vamos e plantámolas! Bicos.

Se queres ter máis info deste proxecto, ou pertences a algunha entidade e estas interesado/a, ponte en contacto conmigo no mimatenda@gmail.com.