A despensa do avó Francisco (II) xa abriu as súas portas

Esta é A despensa do avó Francisco, fai unha semanas que vos falei dela, da súa historia e de como coñecín a Rosana e este domingo pasado, abriu as súas portas, e levantou a persiana do seu impresionante escaparate!

O escaparate da tenda está feito por moitas mans amigas de Rosana e a súa familia, como a familia López Gonzalez, A casa da Pividad, Raquel de Os  Tartarouchos, Juan de Woodmodels e eu mesma, todos púxemos un pouquiño de nós para desexarlle o mellor a Rosana!

Todas estas fotos son unha crónica do que aconteceu o domingo pola mañá na Despensa do avó Francisco, da emoción de levantar a persiana e ver o escaparate por vez primeira dende o outro lado, de ver como a xentiña pegaba o nariz no cristal para ver as formiguiñas e galiñeiro feito por Juan de woodmodels, ou para ver como demo era posible que no escaparate houbera unhas árbores con follas de cores! Sinceiramente foi dos momentos máis fermosos, ver os sorrisos da xente pendurados no cristal!

Despois viñeron un montón de conversas e presentacións entre toda a xente que estaba alí para arroupar a Rosana eos seus, e eu sentinme moi acollida pola súa familia e as conversas tan fermosas,  xa sei que estaredes pensando:

“Que bonito todo, e que pelotilla é a Palmira! “

Pero é que é así, tal cual o conto!

E canta cousa rica e que tamaño tiñas as fresas e as laranxas, e que rico o viño de Bernardo o Issué, e a empanada, e que ovos máis ben feitiños, e provade o spaguetti de mar e engadidelle pulpo, ou probade o revolto con ourizo de mar, e o arroz meloso con setas, e vai verduriñas frescas, e eu non saio de aquí sen probar a primeira Maruxa de nata, e que bonito nome o de Amorodo!

Non tedes fame xa? pois se pasades polo barrio da Milagrosa, na rúa Mallorca, no nº 2, tedes todas esas cousas ricas e a Rosana e a María que vos atenderán.

E cantos nenos, e canta curiosidade e que bonito o galiñeiro, e as cousiñas de tea que fai Raquel, e os xogos que tamén atopades na tenda, e  que bonito o vestido que estreaba da amiga Marujita Alegre, ohhh tamén hai cadros mimadriña e mil folliñas…

Pero a historia das mil folliñas cóntovola outro día!

Deixovos con Rosana:

http://adespensadoavofrancisco.blogspot.com.es/